Luís Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis Seoane")
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Seoane.
Luís Seoane López
Nacemento 1 de xuño, 1910
Lugar de nacemento Bos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
Morte 5 de abril, 1979
Lugar de morte A Coruña, Flag of Galicia.svg Galicia
Nacionalidade Española España
Eido Pintura, gravado
Movemento Expresionismo

Luís Seoane López, nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Nado en Bos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes, veu de neno en 1916 a Galicia e instálase na Coruña.[1] Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.

De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Durante esta época participou na campaña en prol do Estatuto de Autonomía. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en setembro de 1936 puido exiliarse a Bos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.

En 1937 publica o seu primeiro libro, Trece estampas de la traición.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como Editorial Citania, Editorial Botella al Mar e outras; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos, etc.). Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.[1]

Regresou a España en 1960. Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.

[editar] Obra pictórica

Monumento ós emigrantes en Santa Cruz, Oleiros, baseado nun deseño de Luís Seoane.

A súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor... Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido. A súa obra é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. A súa obra pictórica reflicte ese amor a Galicia e a súa ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais.

A súa obra, de tendencia expresionista e cercana á abstracción, foi exposta en lugares como Bos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas ou Hamburgo.

[editar] Obra escrita

Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas, etc.

Tamén se adicou á poesía e no 1977 Edicións do Castro publicou a súa obra poética completa.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1994

[editar] Obra en galego

Busto de Luís Seoane na praza que se lle adicou no concello da Coruña.

[editar] Poesía

[editar] Narrativa

  • Tres follas de ruda e un allo verde (inédito). Publicado en tradución castelá: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Bos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948)

[editar] Teatro

  • A soldadeira (inédita). Publicada en tradución castelá: La soldadera (Bos Aires, Editorial Ariadna, 1957)

[editar] Ensaio

[editar] Gravados e debuxos con textos literarios

[editar] Obra en castelán

  • 13 Estampas de la traición, Bos Aires, edición de autor, (1937)
  • Homenaje a la Torre de Hércules, (1945), obra galardoada en Nova York xunto a Histoire Naturelle de Buffon que estaba ilustrada por Pablo Picasso [1]

[editar] 2010: Ano Seoane

En 2010, conmemorouse o primeiro centenario do nacemento do intelectual galego.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Bibliografía

  • María América Díaz (2004), Luís Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo 1957-1979, Sada: Edicións do Castro. ISBN 84-8485-141-9.

[editar] Ligazóns externas


Predecesor:
Eduardo Blanco Amor
Día das Letras Galegas
1994
Luís Seoane
Sucesor:
Rafael Dieste
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas