José María Maceiras Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Maceiras Serrano
Biografía
NacementoMiño Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Maceiras Serrano, coñecido como Seis horas, nado en Miño, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PSOE. Foi nomeado presidente da Agrupación Socialista de Miño en marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Foi capturado por falanxistas e gardas civís o 8 de maio de 1938[1]. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 15-5-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

José María Maceiras Serrano na páxina web Nomes e Voces.