José María Méndez Gil Brandón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María Méndez Gil Brandón
Nacemento1900
Lugar de nacementoO Carballiño
Falecemento21 de setembro de 1963 e 1963
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
PaiEduardo Méndez Brandón
editar datos en Wikidata ]

José María Méndez Gil Brandón, nado no Carballiño en 1900 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1963,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Fillo de Eduardo Méndez Brandón. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña pola CEDA nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Despois da Guerra civil foi decano do Colexio de Avogados da Coruña (1959-1963).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña con María Miranda González del Valle.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 22-9-1963, p. 11.
  2. El Pueblo Gallego, 8-12-1928, p. 9.