José Luis Uhía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piscis
Información persoal
Nome José Luis Uhía Castro
Nacemento 14 de maio de 1970 (53 anos)
Lugar de nacemento Sanxenxo
Adestrador
Anos Equipos
2007–2008 Portonovo
2011 Pontevedra B
2011–2012 Xuventude Sanxenxo
2013–2017 Arousa
editar datos en Wikidata ]

José Luis Uhía Castro, coñecido como Piscis, nado en Portonovo o 14 de maio de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Etapa como xogador[editar | editar a fonte]

Empezou súa andaina nas categorías base do Portonovo S.D. Participou tamén na selección xuvenil de Pontevedra.

Con dezasete anos debuta na terceira división na temporada 1987-88, marcando nove goles en seis meses e alcanzando a titularidade a partir do seu debut. Chama a atención dos equipos grandes de Galicia e ficha esa mesma temporada polo C.D. Ourense. Na temporada seguinte xoga no seu filial.

Na tempada 89-90 ficha polo Villalonga C.F. nunha temporada discreta.

Na tempada 90-91 ficha polo Águilas C.F. de Murcia, xogando o play off de ascenso a segunda división B acadando o segundo posto e recibe un trofeo á súa regularidade. Na tempada 91-92 volve fichar polo Villalonga C.F. no que volve acadar un novo play off de ascenso. Pretendido polo Pontevedra C.F., complícanse as negociacións e non acaba fichando polo equipo da cidade do Lérez.

No Villalonga C.F. permanece sete temporadas ata que volve a chamalo o Pontevedra C.F. e firma na temporada 1998-99, acadando un só gol na segunda división B.

Na temporada seguinte ficha polo equipo do seu pobo o Portonovo S.D. ata a súa retirada no ano 2.004, acadando un ascenso de categoría, da rexional preferente a terceira división.

Etapa como adestrador[editar | editar a fonte]

Na temporada 2005/2006, adestra ós xuvenís do Portonovo S.D. en categoría provincial e ascende ó equipo a Liga Gallega. Na temporada 2006/2007 ascende de Liga Gallega a Liga Nacional, e na temporada 2007/2008, adestra ó primeiro equipo do Portonovo S.D., e acada a permanencia. En abril de 2011, e a falta de 7 partidos para rematar o campionato, foi contratado como adestrador do Pontevedra CF B, en substitución de Marcos Canle[1]. Na temporada 2011-2012 adestra ó Xuventú de Sanxenxo.

En febreiro de 2013, mediada a temporada 2012–13, foi contratado polo Arousa SC en Preferente Autonómica.[2] Ese mesmo ano o equipo acada o ascenso de categoría a Terceira División. O 31 de maio de 2017 anunciou a súa despedida do club arousán.[3][4] O 7 de febreiro do 2022 fichou polo Céltiga FC da Illa da Arousa[5].

Na actualidade é profesor na Escola Galega de Adestradores, dependente da Real Federación Galega de Fútbol. Imparte as materias de Técnica e Táctica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]