José Fernández Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Fernández Pérez
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPepe da Botica Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata

José Fernández Pérez, coñecido como Pepe da Botica, nado en Ourense o 12 de xaneiro de 1895 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Auxiliar de farmacia. Membro da Agrupación de Dependencia Mercantil e Bancaria da UGT que presidiu en 1935 e afiliado da Agrupación Socialista de Ourense da que foi presidente en 1935 e 1936.[1] Foi elixido concelleiro de Ourense en 1931 e foi deputado provincial. Na folga xeral revolucionaria de 1934 pertenceu ao Comité Revolucionario de Ourense. Perteneceu á masonaría co nome simbólico "Augusto Bebel" formando parte parte das loxas Jovellanos nº 1 de Oviedo e Triángulo Adelante nº 7 e Constancia nº 7 de Ourense.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu oculto na casa da súa irmá ata que foi detido o 20 de febreiro de 1937.[2] Foi xulgado en consello de guerra e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con Severino Nóvoa Gutiérrez, Enrique Nanín Ansias, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 4-6-1936, p. 2.
  2. La Región, 21-2-1937, p. 1.
  3. La Región, 12-10-1937, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

José Fernández Pérez na páxina web Nomes e Voces.