José González Tesouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé González Tesouro
Biografía
Nacemento1881 Editar o valor em Wikidata
Paderne de Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMachadiña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

José González Tesouro, coñecido como Machadiña, nado en Paderne de Allariz cara a 1881 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1937, foi un labrego e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Ousende (Coucieiro). Na República foi vogal da Agrupación Socialista de Paderne en 1932,[1] e directivo da Sociedade de Oficios Varios de Ousende, era un dos homes de confianza de Benigno Álvarez.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado na casa de Rosa Blanco Lamela en Ourense e foi detido o 4 de abril de 1937.[3] Foi xulgado en consello de guerra por auxilio á rebelión o 23 de xullo de 1937 con Etelvino Gil Mejuto e Rosa Blanco Lamela,[4] e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Severino Nóvoa Gutiérrez, Enrique Nanín Ansias e Gerardo Rodríguez Fernández.[5] Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido en 1949.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Lucha, 9-1-1932, p. 8.
  2. Rosa Blanco Lamela
  3. [file:///C:/Users/Tester/Downloads/2969-Texto%20del%20art%C3%ADculo-5919-1-10-20201119-1.pdf “... en defensa de su Dios y su Patria”. A milicia ourensá dos Caballeros de Santiago]
  4. La Región, 24-7-1937, p. 3.
  5. La Región, 12-10-1937, p. 3.
  6. BOE, 21-11-1949, p. 2623.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]