José Búa Carou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Búa Carou
Biografía
Morte9 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco Búa Carou Editar o valor em Wikidata

José Búa Carou, finado na Coruña o 9 de xaneiro de 1944,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Búa Pintos e irmán de Francisco Búa Carou. Foi coronel de Sanidade Militar. Foi presidente da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi elixido vicepresidente do grupo da Coruña en setembro de 1931.[2] Despois pasou a Izquierda Republicana e foi presidente do grupo local da Coruña en 1934.[3] Participou no acto de homenaxe ás mulleres organizado polo semanario La Calle o 3 de marzo de 1936 no Teatro Rosalía Castro con Manuel Fernández, Ramón Suárez Picallo e José Villaverde.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María de los Dolores Nine Fraga e foi pai de María de los Dolores, Mercedes, Guillermina, Victoria, Carmen, Angeles e José Miguel Búa Nine.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 9-1-1944, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 4-9-1931, p. 4.
  3. El Pueblo Gallego, 27-5-1934, p. 12.
  4. La Voz de Galicia, 3-3-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]