José Araújo Pérez (canteiro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Araújo Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1870 Editar o valor em Wikidata
Mourente, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1929 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Araújo Pérez Editar o valor em Wikidata

José Araújo Pérez, nado en Mourente (Pontevedra) o 10 de novembro de 1870 e finado en Vigo o 8 de agosto en 1929, foi un canteiro, construtor, sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Canteiro. Fixo o servizo militar en Vigo e quedou na cidade traballando como canteiro. En 1892 participou na constitución da Sociedad de Canteros, Marmolistas y Similares de Vigo da que foi secretario e presidente moitos anos; a sociedade ingresou no PSOE en 1905. En 1895, durante a primeira folga obreira importante de Vigo, revelouse como un líder de masas.[1] Foi candidato socialista nas eleccións municipais de 1901. Perseguido pola patronal estableceuse como mestre construtor de edificios por contrata. Asistiu ao VII Congreso da UGT en 1902 como delegado de varias sociedades Obreiras de Vigo e ao IX Congreso en 1908 como delegado das seccións da Federación Nacional de Canteiros. Foi o artífice da construción da Casa do Pobo de Vigo en 1908, encargándose da edificación e financiándoa, e participou na constitución da Cooperativa Socialista.

O Edificio Pardo Labarta foi nun dos que traballou Araújo.

En 1917 foi encarcerado pola súa participación na folga xeral de agosto, e ao ano seguinte foi amnistiado. Representou ás agrupacións socialistas de Vigo, Pontevedra e Lugo e á Sociedade de Canteiros de Vigo no X Congreso do PSOE en 1915 e á agrupación socialista e á Sociedade de Canteiros de Vigo no Congreso Extraordinario de 1921 e no XII Congreso en 1928.

Como contratista e mestre de obras, participou na construción do edificio da Caixa Municipal de Vigo, a sede do Banco de Vigo, o Edificio Pardo Labarta, panteóns do Cemiterio de Pereiró e outros.

Finou por causa dunha úlcera de duodeno e foi soterrado no cemiterio civil de Pereiró.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Carmén Pérez Lago, e foi pai de 19 fillos, dos que só 12 alcanzaron a idade adulta, entre eles José Araújo Pérez e Maruja Araújo Pérez, que casou con Antonio Vidal Vilas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]