José Ángel Gómez Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ángel Gómez Iglesias

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , creador de contido dixital Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioDefreds Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: Defreds Editar o valor em Wikidata

José Ángel Gómez Iglesias, coñecido artisticamente como Defreds, nado en Vigo en 1984, é un escritor español de narrativa curta que vendeu máis de 500.000 exemplares, principalmente en España e Latinoamérica.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2011, Iglesias creou a súa conta en Twitter co pseudónimo “Defreds” e alí comezou a escribir pequenas frases e relatos. A finais de 2014 a editorial Frida Ediciones (Agora, “Mueve tu lengua”) contactou para ofrecerlle a posibilidade de editar un primeiro libro. En 2021 ese primeiro libro vendeu máis de 150.000 exemplares.[3] Adoita publicar máis dun libro por ano e realizou xiras e firmas por librarías e feiras do libro por toda España. É un dos artistas vigueses con máis sona nos medios na actualidade.

En 2015 publicou o seu primeiro libro con ‘Mueve tu Lengua’ (Frida naquela época) publicou os seu tres primeiros títulos.

En 2017 firma coa Editorial Planeta, en concreto co selo Espasa. Desde entón todos os seus libros son publicados pola devandita editorial.

En novembro de 2017 dá unha charla na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara[4] en México (o evento editorial máis importante de Iberoamérica) e a finais de 2019 asinou libros en Londres, lugar pouco habitual para escritores españois. En novembro de 2021 asina por primeira vez en Ecuador, nas cidades de Quito e Guayaquil con cheo absoluto.

En maio de 2020 (durante o confinamento pola COVID-19), Defreds participou xunto a outros escritores nunha videoconferencia cos Reis de España durante a que conversaron sobre o estado e as necesidades da cultura nese momento.[5] [6]

En 2021, en colaboración con IKEA a través da campaña "ArrimarElHombro", conseguiu financiar a obra de reforma das instalacións de Alento e Discamino, asociación de dano cerebral.[7]

Os seus lectores son de todas as idades e adoita ser habitual a súa presenza en feiras do libro nacionais como 'Cuenca Le' onde foi entrevistado por novos estudantes de xornalismo.[8] As súas orixes tamén están presentes na súa obra, como é o caso de 1775 Calles, obra na que convida o lector a descubrir Vigo, a súa cidade natal.[9]

Controversia[editar | editar a fonte]

A súa figura foi sempre controvertida desde que irrompeu no panorama literario español cun estilo distinto á concepción tradicional da poesía. Sen o uso de métricas ou o encorsetamento asociado ao emprego de rimas, métricas ou da estrutura poética, conseguiu conectar coa súa linguaxe viva cunha xeración nova que busca nos seus textos emocións directas sen floreos estéticos. Esta ruptura das regras da poesía suscitou receos entre os poetas defensores da estrutura e das regras métricas, pero é innegable que o seu estilo directo e emocional soubo captar a atención de lectores desencantados coa poesía tradicional. Hai escritores que o consideran unha moda e critican abertamente a súa obra como é o caso do catedrático e poeta Álvaro Salvador.[10]

A pesar do controvertido da súa figura no mundo da literatura foi un dos asistentes á entrega dos 'Premios Planeta' en 2017, 2021 e 2022.[11]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Casi sin querer (2015). Mueve tu lengua.[12]
  • Cuando abras el paracaídas (2016). Mueve tu lengua.[13]
  • 1775 calles (2017). Mueve tu lengua.[14]
  • Historias de un náufrago hipocondríaco (2017). Espasa.[15]
  • Con un Cassette y un boli Bic (2018). Espasa.[16]
  • Sempiterno (2018). Espasa. En tapa dura e ilustrado por Naranjalidad.[17]
  • Recordar contraseña (2019). Espasa.[18]
  • Incondicional (2019). Espasa. En tapa dura e ilustrado por Nani Serrano.[19]
  • Ya no quedan ciudades (2020). Espasa.[20]
  • Ojalá (2022). Espasa. En tapa dura e ilustrado por Lady Desidia.
  • Siempre (2023). Espasa. En tapa dura e ilustrado por Lady Desidia.

Distincións[editar | editar a fonte]

  • Top máis vendidos cos seus catro primeiros libros simultaneamente en (2017) na A Casa del Libro.[21]
  • Top máis vendidos con catro dos seus libros en 2020 segundo a consultora GFK.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Defreds y su éxito". Faro de Vigo. 11 de novembro de 2020. Consultado o 04 de outubro de 2021. 
  2. "Defreds, el vigués que ha desbancado a Patria". La voz de Galicia. 20 de novembro de 2020. Consultado o 04 de outubro de 2021. 
  3. Atlántico (2019-11-26). "“Si tengo que comprar un libro, siempre será antes una novela que un poemario”". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  4. "Madrid y su cultura iluminan la Feria del Libro de Guadalajara". vanguardia.com.mx (en castelán). 2017-11-25. Consultado o 2024-03-12. 
  5. "Los Reyes, con la nueva generación de escritores". Diario ABC (en castelán). 2020-05-20. Consultado o 2024-03-12. 
  6. Press, Europa (2020-05-20). "Elvira Sastre, Leti Sala, Marwan y Defreds trasladan a los Reyes por videoconferencia las necesidades del sector". www.europapress.es. Consultado o 2024-03-12. 
  7. Atlántico (2021-05-28). "Defreds donó una reforma en Alento por una cadena de favores". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  8. Cuenca, Las Noticias de (2021-10-23). "Defreds: "En ciudades pequeñas como Cuenca el público es muy entregado"". Las Noticias de Cuenca (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  9. Nast, Condé (2017-05-17). "Defreds, el poeta de los mapas emocionales de Vigo". Traveler (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  10. Hoy, Granada (2020-07-27). ""Estos libros de Marwan o Defreds son una bazofia; es una moda que pasará"". Granada Hoy (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  11. "Felipe VI y la reina Letizia entregan el premio Planeta". HOLA (en castelán). 2021-10-15. Consultado o 2024-03-12. 
  12. Sangrador, Marcos (2016-03-11). "Casi sin querer Algunos Libros Buenos". Algunos Libros Buenos - Blog de reseñas de libros (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  13. CUANDO ABRAS EL PARACAÍDAS - DEFREDS (José A. Gómez Iglesias) (en castelán). 
  14. "1775 calles". Anika Entre Libros (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  15. Sangrador, Marcos (2017-11-17). "Historias de un náufrago hipocondríaco Algunos Libros Buenos". Algunos Libros Buenos - Blog de reseñas de libros (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  16. "Reseña: Con un cassette y un boli Bic - Defreds". Consultado o 2024-03-12. 
  17. "Reseña Sempiterno" (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  18. "COSAS DE LECTORES: RESEÑA: Recordar contraseña". COSAS DE LECTORES. 2019-06-05. Consultado o 2024-03-12. 
  19. lecturalia.com. Incondicional - Defreds (en castelán). 
  20. "Reseña: Ya no quedan ciudades - Defreds". Consultado o 2024-03-12. 
  21. Cantó, Paula (2018-06-24). "La poesía de Instagram arrasa en librerías: ¿fenómeno literario o cursilería juvenil?". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  22. "¿Por qué en el 2020 los poetas lo ganaron todo?". La Vanguardia (en castelán). 2020-12-12. Consultado o 2024-03-12.