John Wick 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Wick 4
Ficha técnica
Título orixinalJohn Wick: Chapter 4
DirectorChad Stahelski
Produtor
Guión
Baseado enPersonaxes de Derek Kolstad
Intérpretes
Música
FotografíaDan Laustsen
MontaxeNathan Orloff
Estudio
DistribuidoraLionsgate
EstreaLondres: 6 de marzo de 2023
24 de marzo de 2023
Duración169 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento100 millóns de dólares[2]
Recadación440,1 millóns de dólares[3][4]
Na rede
https://www.johnwick.movie/
IMDB: tt10366206 Filmaffinity: 219736 Allocine: 274387 Rottentomatoes: m/john_wick_chapter_4 Mojo: johnwick4 Allmovie: v730183 Metacritic: movie/john-wick-chapter-4 Editar o valor em Wikidata

John Wick 4[5] (en inglés: John Wick: Chapter 4) é un filme estadounidense de 2023 dirixido e co-producido por Chad Stahelski e escrito por Shay Hatten e Michael Finch. É a secuela de John Wick: Chapter 3 – Parabellum (2019) e o cuarto filme da saga John Wick. Está protagonizado por Keanu Reeves, xunto con Donnie Yen, Bill Skarsgård, Laurence Fishburne, Hiroyuki Sanada, Shamier Anderson, Lance Reddick, Rina Sawayama, Scott Adkins, Clancy Brown e Ian McShane. No filme, John Wick proponse vingarse da Alta Mesa e dos que o deron por morto.

O desenvolvemento do cuarto título de John Wick, anunciado formalmente por Lionsgate en maio de 2019, confirmouse antes do lanzamento da súa predecesora. É a primeira entrega da franquía que non foi escrita polo creador Derek Kolstad, sendo Hatten contratado en maio de 2020, e Finch en marzo de 2021. A fotografía principal tivo lugar de xuño a outubro de 2021, e os lugares de rodaxe incluíron Francia, Alemaña, Nova York e o Xapón.

John Wick 4 estreouse a través de Amazon Prime Video o 21 de xuño de 2023, onde conta con dobraxe e subtitulado en galego.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "John Wick: Chapter 4 (15)". British Board of Film Classification. 18 de marzo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2023. Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  2. Rubin, Rebecca (22 de marzo de 2023). "Box Office Preview: John Wick 4 Targets Huge $70 Million Opening Weekend". Variety. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2023. Consultado o 23 de marzo de 2023. 
  3. "John Wick: Chapter 4 (2023)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2023. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  4. "John Wick: Chapter 4 (2023) - Financial Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2023. Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  5. pipocas.amesa.gal (ed.). "John Wick 4". Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  6. McClintock, Pamela (2023-03-26). "'John Wick: Chapter 4' Annihilates 'Shazam 2' With $73.5M U.S. Box Office Opening". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-27. 
  7. Lee, Chris (2023-03-29). "'We're Going to Do the Biggest Stair Fall You've Ever Seen'". Vulture (en inglés). Consultado o 2023-04-11. 
  8. Lane, Carly (10 de xuño de 2021). "'John Wick 4': Laurence Fishburne Confirms His Return and Praises Sequel Script That Goes "Much Deeper"". Collider. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2021. Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  9. "John Wick 4 Director Chad Stahelski Talks New Characters, Locations & the Future of the Franchise". YouTube. Collider. 15 de novembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 9 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  10. @. "🗡️AKIRA🗡️ #JohnWick4" (Chío) – vía Twitter. 
  11. Fleming, Mike Jr. (27 de maio de 2021). "Singer Rina Sawayama Tapped To Star Alongside Keanu Reeves In 'John Wick: Chapter 4'". Deadline Hollywood (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2021. Consultado o 27 de maio de 2021. 
  12. Morgan, Arrow S. (1 de abril de 2023). "The Most Badass 'John Wick' Characters, Ranked". Collider. Consultado o 30 de abril de 2023. 
  13. Rivera, Damon (11 de xaneiro de 2023). "Scott Adkins Says Keanu Reeves Gave Everyone Gifts On The Set Of John Wick: Chapter 4". Looper. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2023. Consultado o 8 de febreiro de 2023. 
  14. O'Rourke, Ryan (10 de novembro de 2022). "Here's Who Bill Skarsgård Plays in 'John Wick: Chapter 4'". Collider. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  15. D'Alessandro, Anthony (15 de xullo de 2021). "Ian McShane To Return As Winston In 'John Wick: Chapter 4'". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2021. Consultado o 15 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]