John Grenfell Maxwell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oficiais no cuartel xeneral de Sir John Maxwell: Maxwell é o da dereita.

John Grenfell Maxwell, nado en Liverpool o 13 de agosto de 1859 e finado en Cidade do Cabo, Sudáfrica, o 20 de febreiro de 1929, foi un militar e político británico.

Foi gobernador de Nubia e Omdurman. Serviu na Guerra Anglo-Bóer, sendo nomeado Gobernador Militar de Pretoria. Combateu na Primeira Guerra Mundial, primeiro na fronte oeste e logo en Exipto. O seu papel máis salientable foi no Alzamento de Pascua de 1916, onde aplicou a lei marcial e, tras a derrota dos rebeldes irlandeses, ordenou execucións tras rápidos procesos sen defensa para os acusados nin xurado.