John Bartram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Bartram.

John Bartram, nado en Darby, Pensilvania, en 1699 e finado en Kingsessing en 1777, foi un botánico norteamericano, considerado o pai da botánica norteamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia cuáquera, quedou orfo de nai aos dous anos e quedou ao coidado duns tíos, moi interesado nas plantas axudando nas tarefas agrícolas adquiriu moitos coñecementos sobre elas. En 1729 mercou uns terreos en Kingsessing, a carón do río Schuylkill, preto de Filadelfia e fundou o primeiro xardín botánico dos Estados Unidos. Viaxou por case todo o leste dos Estados Unidos na procura de novas plantas, dende o lago Ontario no norte ata Florida no sur e o río Ohio no oeste. Moitas das plantas que recolleu acabaron en coleccións europeas. Introduciu en América algunhas plantas europeas e fixo experimentos de hibridación. Con Benjamin Franklin foi un dos fundadores da Sociedade Filosófica Americana en 1742. Dende 1765 foi botánico real.