John Aubrey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Aubrey.jpg

John Aubrey, nado preto de Malmesbury (Wiltshire) o 12 de marzo de 1626 e finado en xuño de 1697, foi un anticuario e escritor inglés, máis coñecido por ser autor de breves pezas biográficas, usualmente coñecidas como Brief Lifes. Era membro dunha familia adiñeirada e famosa da zona. Educouse na escola gramática de Malmesbury, baixo a tutela de Robert Latimer, que tivera a Thomas Hobbes entre os seus primeiros alumnos. En casa do seu profesor, Aubrey deu por vez primeira co filósofo cuxa biografía redactaría máis adiante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]