Joaquín Ruiz-Giménez Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Ruiz-Giménez Cortés

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1913 Editar o valor em Wikidata
Hoyo de Manzanares, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 2009 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Defensor del Pueblo
1982 – 1987
← sen valor – Álvaro Gil-Robles (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 8 de maio de 1956 – Jesús Rubio García-Mina (en) Traducir →
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
18 de decembro de 1951 – 5 de abril de 1952
← José Ibáñez Martín
Minister of National Education (en) Traducir
18 de xullo de 1951 – 16 de febreiro de 1956
← José Ibáñez MartínJesús Rubio García-Mina (en) Traducir →
Embaixador de España na Santa Sé
1948 – 1951
← Pablo de Churruca y Dotres (en) TraducirFernando María Castiella →
Q43199647 Traducir
outubro de 1946 – novembro de 1948
← sen valor – Alfredo Sánchez Bella (pt) Traducir →
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central - licenciatura en Dereito
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, Filosofía do dereito, Filosofía cristiá, catolicismo, human rights protection (en) Traducir, política e Democracia cristiá Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , xurista , filósofo , ministro , profesor universitario , escritor , político , académico , ministro da educação (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Madrid
Universidade de Sevilla
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGuadalupe Ruiz-Giménez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJoaquín Ruíz Giménez Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 32126

Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, nado en Hoyo de Manzanares, Madrid, o 2 de agosto de 1913 e finado en Madrid o 27 de agosto de 2009,[1] foi un catedrático, político e xurista español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín Ruiz Jiménez, ministro liberal no goberno do conde de Romanones e alcalde de Madrid en catro ocasións, militou dende moi novo entre os estudantes católicos, chegando a ser presidente da súa organización. Estudou dereito na Universidade de Madrid e foi presidente da organización internacional "Pax Romana" (1939-46). Doutor en Dereito e licenciado en Filosofía e Letras, obtivo en 1943 a cátedra de filosofía do Dereito chegando a ser titular da mesma nas universidades de Sevilla, Salamanca e Madrid.

Director do Instituto de Cultura Hispánica (1946-1948) e embaixador ante a Santa Sé (1948-1951) durante as negociacións do Concordato (asinado finalmente en 1953), foi nomeado ministro de Educación Nacional en 1951, iniciando un proceso de reforma das institucións docentes, mais tivo que dimitir en 1956 ante as dificultades da súa empresa e o seu enfrontamento cos elementos máis inmobilistas da ditadura. Durante estes anos tivo baixo o seu mando no Instituto de Cultura Hispánica e como secretario xeral técnico a un novo Manuel Fraga.

Dende entón foi achegando as súas conviccións políticas ás da oposición ao réxime. Uns disturbios estudantís enfrontáronlle co ministro da Gobernación e puxeron ao réxime nun apuro, que se saldou coa súa destitución (1956). En 1961, o xeneral Franco nomeouno conselleiro nacional do Movemento. En 1963, fundou a revista Cuadernos para el Diálogo, foco de protesta dos democristiáns progresistas, dos que foi cabeza nos últimos anos da ditadura.

En 1975, ano da morte do xeneral Franco, participou na creación da Plataforma de Converxencia Democrática dende a súa adscrición á ala esquerda da democracia cristiá. En 1977 presentou a súa candidatura a deputado por Izquierda Democrática dentro da Federación da Democracia Cristiá. Derrotado nas eleccións de 1977, retirouse da política.

Vicepresidente do Instituto Internacional de Dereitos Humanos. O grupo parlamentario do PSOE, cun amplo acordo coa oposición, elixiuno en decembro de 1982 para ser o primeiro Defensor do Pobo de España, cargo de nova implantación na democracia española; concluíu o seu mandato o 30 de decembro de 1987. Presidente de UNICEF-España (1989-2001).

Na Biblioteca de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid pódese consultar a colección bibliográfica cedida á Universidade. O seu arquivo, composto fundamentalmente por correspondencia persoal e oficial, conferencias, informes, fotografías, documentos persoais e documentación relativa ás súas etapas en UNICEF, como Defensor do Pobo e outros cargos públicos, está depositado na Biblioteca da Universidade Carlos III de Madrid.

Joaquín Ruiz-Giménez, faleceu no seu domicilio de Madrid aos 96 anos, tras sufrir un infarto cerebral, na mañá do 27 de agosto de 2009.


Predecesor:
José Ibáñez Martín
 Ministro de Educación Nacional de España 
1951 - 1956
Sucesor:
Jesús Rubio García-Mina
Predecesor:
Nova creación
 
Defensor do Pobo de España
 
1982 - 1987
Sucesor:
Álvaro Gil-Robles

Obras[editar | editar a fonte]

  • La concepción institucional del Derecho, (1944)
  • Introducción elemental a la filosofía cristiana, (1945)
  • Derecho y vida humana, (1945)
  • Introducción a la filosofía jurídica, (1958)
  • La propiedad, (1961)
  • Del ser de España, (1962)
  • El Concilio y los derechos del hombre, (1968)

Distincións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]