Fernando María Castiella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando María Castiella
Nacemento9 de decembro de 1907
Lugar de nacementoBilbao
Falecemento25 de novembro de 1976 e 1976
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Cambridge, Universidade de París, Universidade de Xenebra e Universidade Central
Ocupacióndiplomático, profesor universitario, político, xurista e avogado
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Grã-Cruz da Ordem da Instrução Pública, Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Gran Cruz da Orde de Cisneros, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort, Gran Cruz de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas e Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

Fernando María Castiella y Maíz, nado en Bilbao o 9 de decembro de 1907 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1976, foi un diplomático, escritor e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o doutoramento en Leis na Universidade de Madrid e logo trasladouse a París, Cambridge e Xenebra para ampliar os seus estudos.

Desempeñou importantes cargos. Foi vicepresidente da Confederación Nacional de Estudantes Católicos e Catedrático de Dereito Internacional Público. Máis tarde, traballou no diario El Debate, onde dirixiu a sección de política exterior. Cando se iniciou a guerra civil en 1936 logrou escapar de Madrid, onde se atopaba naquel momento, e alcanzar a zona nacional para ingresar neste bando.

Foi Catedrático de Dereito na Universidade de Madrid, membro do Tribunal da Haia (1939) e embaixador no Perú e o Vaticano (1951-56), diplomático e ministro de Asuntos Exteriores español (1956 - 1969), durante a ditadura franquista.

No seu labor distinguiuse polos seus esforzos de negociación co Reino Unido, sobre a cuestión de Xibraltar, unha constante na súa xestión, con resultados infrutuosos. Así como pola vontade de terminar co isolacionismo do Réxime. Nesa liña, consegue a integración de España na OCDE e no Fondo Monetario Internacional, quedando a UE como meta inalcanzable. Castiella varíou limitadamente a política exterior española, non chegando a atopar as reformas tendentes á súa democratización.

En 1941 compartiu o Premio Nacional de Literatura con José María de Areilza pola súa obra Reivindicaciones de España.