Joan Verdú Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joan Verdú
Información persoal
Nome completo Joan Verdú Fernández
Nacemento 5 de maio de 1983 (30 anos)
Lugar Barcelona, España
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Espanyol
Número 10
Carreira xuvenil
PB Anguera
1998–2002 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Apps (Gls)
2002–2006 Barcelona B 134 (31)
2006–2009 Deportivo da Coruña 85 (9)
2009– Espanyol 107 (14)
Selección nacional
2002 España sub-20 2 (1)
2006– Cataluña 8 (2)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de maio de 2012.
† Aparicións (Goles)

Joan Verdú Fernández, nado o 5 de maio de 1983 en Barcelona, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o RCD Espanyol.

Índice

Traxectoria [editar]

Chegou ao Dépor como un dos mozos que formaría o novo Superdépor. Despois de debutar con Joaquín Caparrós xa empezou a mostrar trazos de calidade, pero foi con Miguel Ángel Lotina con quen empezou a ser un xogador importante na primeira volta da tempada 2007/2008, chegando a dicir o técnico "o once son Verdú e 10 máis".

Na tempada 2008–09 volve despuntar facendo xirar ao equipo ao redor del, xogando como mediapunta detrás do dianteiro. Sen dúbida trátase dun xogador dun futuro prometedor do que pode saír un gran xogador, que marcou o seu primeiro gol como deportivista nun partido Vilarreal-Deportivo.

Tras rematar a tempada 2008–09 o RCD Espanyol fíxose cos seus servizos, ao rematar o seu contrato co Deportivo e non renovalo.

Palmarés [editar]

Deportivo

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]