Jerome Robbins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerome Robbins.

Jerome Rabinowitz, nado en Nova York o 11 de outubro de 1918 e finado na mesma cidade o 29 de xullo de 1998 foi un director e produtor teatral e coreógrafo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar química na universidade, pero tivo que deixalo tras un ano por motivos económicos. Foi entón cando iniciou os seus estudos de danza.

Tras pasar polo mundo do ballet, creou coreografías para musicais de Broadway, como como On the Town.

En 1961 dirixiu xunto con Robert Wise o filme West Side Story. A pesar de ser despedido antes de rematar a rodaxe, foi acreditado coma codirector, gañando o oscar ao mellor director. É o único director que gañou este premio coa única película que dirixiu.

Nos anos noventa a súa saúde viuse resentida, morrendo finalmente dun ataque ao corazón. A noite da súa morte as luces dos teatros de Broadway foron apagadas uns momentos coma homenaxe.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vaill, Amanda. "A Biography in Brief". SCRIBNER'S ENCYCLOPEDIA OF AMERICAN LIVES. http://jeromerobbins.org/about. Consultado o 28 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jerome Robbins Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]