Javier Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javi Muñoz
Río Breogán
Información persoal
Nacemento 26 de xaneiro de 1973 (51 anos)
Galiza Lugo, Galiza
Cargo Adestrador asistente
Liga ACB / Champions League
Historial de equipos
Como adestrador:
Estudiantes Lugo (1998–2002)
Estudiantes Lugo (2004–2005)
Rayet Guadalajara (2008−2009)
Aguas de Sousas Ourense (2009)
Durán Maquinaria Ensino (2010−2014)
Santos de San Luis (2018−2019)
Río Breogán (2022−presente)

Javier López Muñoz, máis coñecido como Javier Muñoz, nado o 26 de xaneiro de 1973 en Lugo, é un adestrador de baloncesto galego. Actualmente traballa como adestrador asistente no Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Lugo, Muñoz comezou a súa carreira como adestrador nas categorías inferiores do Club Estudiantes de Lugo, equipo vinculado ao Club Baloncesto Breogán, co que conseguiu o ascenso á Liga EBA na temporada 1998−99. Muñoz foi ademais o encargado de dirixir ao "Estu" na Liga EBA nas tres seguientes temporadas.[1] As súas boas campañas valéronlle para dar ao salto á Liga ACB como adestrador asistente de Andreu Casadevall no Leite Río Breogán. Despois de dúas temporadas na máxima categoría, o adestrador lucense regresou ao seu antigo equipo, dirixiendo novamente ao Estudiantes de Lugo na temporada 2004−05.

Na temporada 2005−06 chega a súa primeira experiencia na Liga LEB, onde exerceu de axudante de Paco Olmos no Club Baloncesto Calpe, con quien repetiría xa no Melilla Baloncesto como asistente na temporada 2007−08. Un ano máis tarde asinou como adestrador principal para o Rayet Guadalajara da LEB Bronce, equipo co que acabou en decimoterciera posición. A seguinte temporada asina como adestrador principal do Aguas de Sousas Ourense de LEB Ouro. Porén, os malos resultado levárono a abandonar o club ourensan antes de tempo, sendo substituído por Paco García.[2]

En xaneiro de 2011 regresa como adestrador principal do Durán Maquinaria Ensino, naquela altura na Liga Feminina 2. En 2014 regresa como adestrador axudante ao Melilla da man de Alejandro Alcoba, equipo co que consegue ser subcampión da Liga LEB na temporada 2015−16. No ano 2017 asina como adestrador axudante do Fuerza Regia de Monterrey de la LNBP de novo da man de Paco Olmos. Tras unha temporada como asistente, no verán de 2018 convértese no primeiro adestrador dos Santos de San Luis da mesma competición. Após finalizar a campaña regresa ao Breogán como adestrador asistente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]