Javier Lancho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lancho
Información persoal
Nome Javier Rodríguez Lancho
Nacemento 8 de abril de 2002
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,85 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Ponferradina
Número 20
Carreira xuvenil
2013–2021 Real Madrid
2021 Espanyol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021–2023 Espanyol B 53 (5)
2023– Ponferradina 10 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Javier Rodríguez Lancho, nado en Madrid o 8 de abril de 2002, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Real Madrid, na que ingresou aos 11 anos. Nos seus inicios xogaba nunha faceta ofensiva e foi subindo polas diferentes categorías do club superando o cento de goles, antes de ser reconvertido ao lateral esquerdo.[1][2] En febreiro de 2021 deixou o seu Madrid natal e fichou polo equipo xuvenil do Espanyol. Na seguinte tempada subiu xa ao Espanyol B, co que xogou durante dous anos na Segunda División RFEF.

Despois de dous anos e medio en Barcelona, no verán de 2023 instalouse no Bierzo, onde asinou como novo xogador da Ponferradina, da Primeira División RFEF.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los 9 goleadores centenarios de La Fábrica" (en castelán). 13 de xuño de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2024. 
  2. "Javi Lancho deja el Real Madrid y firma por el RCD Espanyol" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2024. 
  3. "El lateral izquierdo Javier Lancho se une a la SD Ponferradina" (en castelán). 26 de agosto de 2023. Consultado o 21 de xaneiro de 2024.