Jackie Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jackie Brown é unha película de 1997, escrita e dirixida por Quentin Tarantino. A protagonizan Pam Grier, Robert Forster, Robert De Niro, Samuel L. Jackson, Bridget Fonda, e Michael Keaton. Foi a terceira película de Tarantino despois de seu éxito con Reservoir Dogs (1992) e Pulp Fiction (1994).

Esta película está considerada como a película de Blaxploitation de Tarantino, ao igual que Reservoir Dogs é súa película de atracos, Pulp Fiction a de cine negro, e Kill Bill a de artes marciais.

A película foi moi criticada por algúns seguidores de Tarantino, xa que é un estilo moi diferente as súas dúas anteriores películas; esta conta unha historia non tan violenta, ten unha narración máis clásica e relaxada e o sangue non é tan abundante. Sen embargo, foi ben recibida pola crítica especializada.

Está baseada na novela Rum Punch de Elmore Leonard. Tarantino extraeu os diálogos do libro case iguais (outra razón do desgusto de seus fans: os diálogos teñen diferente estrutura).

Sinopse[editar | editar a fonte]

Jackie Brown (Pam Grier) é unha azafata de voo que, necesitada de diñeiro, fai de correo para Ordell (Samuel L. Jackson), un traficante de armas buscado pola policía. Todo parece ir ben, ata que un día é sorprendida na aduana e acusada de tráfico de drogas e evasión. Para evitar ingresar en prisión, a policía só deixa a Jackie unha saída: axudarlles a chegar ata Ordell.

Reparto[editar | editar a fonte]

Conta con varios actores fetiches tarantinianos. Un de eles é Samuel L. Jackson.

O director rescata a Pam Grier e a Robert Forster, actores que alcanzaron súa máxima gloria en películas dos '70. En realidade, Pam Grier Chegou a ser unha estrela das películas de serie B da Blaxploitation (100% protagonizadas por xente negra), que tanto éxito tiveron na América dos anos '70 e '80, e que Tarantino homenaxea nesta escura e sórdida película.

No resto dos papeis, están Robert De Niro como un ex-convicto moi esgotado e de moi poucas palabras; Bridget Fonda como unha das mozas de Ordell; e Michael Keaton como o policía que vai tras de Ordell, Ray Nicolette.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]