Jack Nicklaus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJack Nicklaus

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Columbus, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
Upper Arlington High School (en) Traducir
Jones Middle School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso84 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngolfista (1961–), golf course designer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deportegolf Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Ohio State Buckeyes men's golf (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnicklaus.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: jacknicklaus Twitter: jacknicklaus Instagram: jacknicklaus Pinterest: jacknicklaus Musicbrainz: 4b0d7ef2-230a-4459-9334-32ab7fc2d3a4 Discogs: 2161876 WikiTree: Nicklaus-4 Editar o valor em Wikidata

Jack William Nicklaus, nado en Columbus (Ohio) o 21 de xaneiro de 1940 é un ex-golfista estadounidense, considerado por moitos o mellor da historia, por ser quen gañou un maior número de torneos majors (un total de 18 profesionais e 20 se se contan od dous Abertos dos Estados Unidos Afeccionado que gañou en 1959 e 1961).[1] A súa robusta aparencia e o seu cabelo dourado déronlle o alcume de Golden Bear (oso dourado).[2]

No Aberto dos Estados Unidos de 1962 gañou o seu primeiro torneo profesional, á vez que foi tamén o seu primeiro major. Nesta ocasión impúxose a Arnold Palmer comezando unha enorme rivalidade entre ambos. En 1966, gañou The Masters por segundo ano consecutivo, sendo o único en conseguilo ata ese momento. Ese ano tamén gañou o Aberto británico co que logrou adxudicarse polo menos nunha ocasión todos os torneos majors (conseguira o Campionato da PGA en 1963).

Entre 1971 e 1980, gañou nove majors máis, superando o récord de trece que tiña Bobby Jones. Aos 46 anos conseguiu o seu major número 18, co The Masters de 1986, converténdose no gañador de máis idade dun torneo major na historia. En 1990, uniuse ao PGA Tour sénior e en 1996 xa gañara dez torneos do tour, incluíndo oito majors. Continuou a xogar os catro majors do PGA Tour ata 2005, cando disputou as súas últimas aparicións no Aberto británico e en The Masters.

Ademais destes títulos organiza o seu propio torneo do PGA Tour, o Memorial Tournament, escribe libros sobre técnica de xogo e autobiográficos, deseña campos de golf coa súa compañía, unha das máis importantes do mundo do sector, e ten a súa propia marca de equipamento de golf, fundada en 1992.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

O presidente George W. Bush xunto a Tim Finchem (comisionado do PGA Tour) e os capitáns Jack Nicklaus e Gary Player o 13 de abril de 2005 na oficina oval coa Copa Presidente.

Durante a súa carreira no PGA Tour, Nicklaus gañou 18 torneos majors, sendo este o récord de vitorias. Ten o récord de vitorias no Masters de Augusta, con seis, e logrou cinco no Campionato da PGA, catro no Aberto dos Estados Unidos e tres no Aberto Británico.

Gañou 73 torneos do PGA Tour, sendo o terceiro golfista que máis posúe tras Tiger Woods e Sam Snead, e obtivo 286 top 10, segundo no historial detrás de Snead.

Foi en oito temporadas o líder en ganancias do PGA Tour (1964, 1965, 1967, 1971, 1972, 1973, 1975 e 1976), segundo en cinco temporadas, e terceiro noutras tres.[4] Ademais, obtivo o premio ao xogador do ano en cinco ocasións (1967, 1972, 1973, 1975 e 1976).

Por outra banda, xogou en seis ocasións a Ryder Cup, onde logrou 18,5 puntos en 28 partidos, e capitaneou o equipo sen xogar noutras dúas edicións.

Majors[editar | editar a fonte]

Ano Campionato 54 buratos Marcador Marxe Finalista
1962 Aberto dos Estados Unidos -2 -1 (72-70-72-69=283) Playoff 1 Arnold Palmer
1963 Máster de Augusta +1 -2 (74-66-74-72=286) 1 golpe Tony Lema
1963 Campionato da PGA -3 -5 (69-73-69-68=279) 2 golpes Dave Ragan
1965 Máster de Augusta (2) +5 -17 (67-71-64-69=271) 9 golpes Arnold Palmer, Gary Player
1966 Máster de Augusta (3) Par E (68-76-72-72=288) Playoff 2 Gay Brewer, Tommy Jacobs
1966 Aberto británico -2 -2 (70-67-75-70=282) 1 golpe Doug Sanders, Gales Dave Thomas
1967 Aberto dos Estados Unidos (2) -1 -9 (71-67-72-65=275) 4 golpes Arnold Palmer
1970 Aberto británico (2) -2 -5 (68-69-73-73=283) Playoff 3 Doug Sanders
1971 Campionato da PGA (2) +4 -7 (69-69-70-73=281) 2 golpes Billy Casper
1972 Máster de Augusta (4) +1 -2 (68-71-73-74=286) 3 golpes Australia Bruce Crampton, Bobby Mitchell, Tom Weiskopf
1972 Aberto dos Estados Unidos (3) +1 +2 (71-73-72-74=290) 3 golpes Australia Bruce Crampton
1973 Campionato da PGA (3) +1 -7 (72-68-68-69=277) 4 golpes Australia Bruce Crampton
1975 Máster de Augusta (5) -1 -12 (68-67-73-68=276) 1 golpe Tom Weiskopf, Johnny Miller
1975 Campionato da PGA (4) +4 -4 (70-68-67-71=276) 2 golpes Australia Bruce Crampton
1978 Aberto británico (3) -1 -7 (71-72-69-69=281) 2 golpes Ben Crenshaw, Raymond Floyd, Tom Kite, Simon Owen
1980 Aberto dos Estados Unidos (4) Par -8 (63-71-70-68=272) 2 golpes Isao Aoki
1980 Campionato da PGA (5) +3 -6 (70-69-66-69=274) 7 golpes Andy Bean
1986 Máster de Augusta (6) -4 -9 (74-71-69-65=279) 1 golpe Tom Kite, Australia Greg Norman

1 Derrotou a Arnold Palmer no playoff de 18-buratos: Nicklaus (71), Palmer (74)
2 Derrotou a Tommy Jacobs & Gay Brewer no playoff de 18-buratos: Nicklaus (70), Jacobs (72), Brewer (78)
3 Derrotou a Doug Sanders no playoff de 18-buratos: Nicklaus (72), Sanders (73)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spencer, Reid (2002). The Sporting News selects 50 Greatest Golfers (en inglés). The Sporting News. ISBN 0892046929. 
  2. "Jack Nicklaus". Microsoft Encarta Online Encyclopedia. 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2008. Consultado o 10 de xaneiro de 2009. 
  3. "Company Profile". manta.com. Consultado o 10 de xaneiro de 2009. 
  4. "Jack Nicklaus". Nicklaus.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]