Jack Garrick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJack Garrick
Nome orixinalJohn Andrew Frank Garrick
Biografía
Nacemento1928 Editar o valor em Wikidata
Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 2018 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Waikato, Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Profesor emérito Universidade Vitoria de Wellington
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalBioloxía
EducaciónUniversidade Vitoria de Wellington Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónictiólogo , zoólogo , catedrático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Vitoria de Wellington (1950–1990)
Universidade Nacional Australiana Editar o valor em Wikidata

John Andrew Frank Garrick, coñecido como Jack Garrick, nado en 1928 e finado o 30 de agosto de 2018 en Hamilton, Nova Zelandia,[1][2] foi un ictiólogo neozelandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Especializdado en elasmobranquios, publicou numerosos libros e artigos sobre a bioloxía de tiburóns e raias. En 1982 publicou unha taxonomía exhaustiva sobre os tiburóns do xénero Carcharhinus, onde identificou a Etmopterus baxteri como unha nova especie.[3][4] Ademais foi a autoridade que decribiu varias especies doutros tiburóns.

Garrick foi profesor de zooloxía na Universidade Victoria de Wellington, na que foi nomeado catedrático en 1971.[5]

Jack Garrick tivo un interese primordial na taxonomía de tiburóns e raias, e levou a cabo o primeiro mostraxe exploratorio de augas profundas utilizando redes de cono especialmente adaptadas, trampas con cebo e palangres, a profundidades superiores aos 2000 m. Mediante o uso destas técnicas innovadoras obtivéronse moitas especies novas e raras.[2]

Foi o responsábel dun notábel descubrimento: os primeiros espécimes neozelandeses de Hoplostethus atlanticus en 1957 (que posteriormente foi a base dunha pescaría multimillonaria). Jack recolectou uns 721 espécimes que depositou en Te Papa.[2]

Especies dedicadas[editar | editar a fonte]

Garrick descubriu os primeiros espécimes coñecidos do chamado "tiburón de río" ou "tiburon de Nova Guinea", especie inicialmente coñecida como unha Glyphis sp, que finalmente L. Compagno et al. ao facer a súa descrición formal déronlle o seu nome, Glyphis garricki.[6]

Así mesmo, o chamado "tiburón gato de Garrick", Apristurus garricki, tamén foi nomeado na súa honra.[7]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Garrick emprégase para reoñecer a Jack Garrick como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "John Andrew Frank (Jack) Garrick". New Zealand Herald. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Professor J.A.F. (Jack) Garrick (1928-)". Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  3. Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (Xuño de 2017). "Etmopterus baxteri". FishBase (en inglés). 
  4. "Sharks of the genus Carcharhinus". repository.library.noaa.gov. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  5. Barrowman, Rachel (1999). Victoria University of Wellington 1899 ~ 1999 A History. Wellington: Victoria University Press. p. 176. ISBN 0-8647-3369-0. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  6. Compagno, L. J. V.; W. T. White; P. R. Last (2008). "Glyphis garricki sp. nov., a new species of river shark (Carcharhiniformes: Carcharhinidae) from northern Australia and Papua New Guinea, with a redescription of Glyphis glyphis (Müller & Henle, 1839)". En Last, P. R.; W. T. White; J. J. Pogonoski. Descriptions of new Australian Chondrichthyans. CSIRO Marine and Atmospheric Research. pp. 203–226. .
  7. Roberts, Clive; Stewart, A. L.; Struthers, Carl D.; Barker, Jeremy; Kortet, Salme; Freeborn, Michelle (2015). The fishes of New Zealand 2. Wellington, New Zealand: Te Papa Press. p. 81. ISBN 978-0-9941-0416-8. OCLC 908128805. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]