Iziaslaŭ Brucki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIziaslaŭ Brucki
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Bielavuša, Belarús (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de novembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Nova Jersey, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaEast Brunswick Belarusian Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo ortodoxo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBelarús Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo e Igrexa Ortodoxa Autocéfala Bielorrusa Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Manitoba (pt) Traducir (–1954) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata

Iziaslaŭ Brucki (en belaruso: Ізяслаў Бруцкі), nado como Ivan Danilavič Brucki (en belaruso: Іван Данілавіч Бруцкі) o 22 de xaneiro de 1926 en Bielavuša (entón na Segunda República de Polonia) e finado o 26 de novembro de 2007, foi un eclesiástico belaruso, primado da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa entre 1984 e 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de granxeiros en Bielavuša, hoxe parte do distrito de Stolin (rexión de Brest), o 22 de xaneiro de 1926.[1][2] Logo da anexión de Belarús Occidental pola URSS en 1939, o seu pai foi deportado a Casaquistán en 1940.[1][2] En 1943 foi enviado polos nazis a Alemaña en calidade de Ostarbeiter, a traballar en Flensburgo;[1][2] ao finalizar a guerra ocultouse para non ser repatriado á Unión Soviética, e posteriormente rematou a súa educación en Hannover en 1947.[1]

Emigrou en ao Canadá, establecéndose en Winnipeg[1] e integrándose alí na vida social da diáspora belarusa e participando na vida parroquial da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa. En 1954 graduouse en Enxeñaría pola Universidade de Manitoba, e trasladouse a Toronto.[1][2] En 1962 trasladouse aos Estados Unidos, participando activamente en diferentes organizacións políticas e relixiosas en Cleveland, Detroit e Os Ánxeles (como no Partido Republicano).[1][2] En 1979 foi ordenado diácono e no mesmo ano, o 26 de agosto, foi ordenado sacerdote polo arcebispo Mikalaj Macukievič.[1] En 1981 graduouse polo Seminario Teolóxico Ortodoxo Ucraíno de Santa Sofía, dirixido pola Igrexa ortodoxa ucraína nos Estados Unidos de América, e foi consagrado bispo o 22 de febreiro de 1981 polo metropolita da Igrexa ortodoxa ucraína nos Estados Unidos Mstyslav Skrypnyk, polo metropolita ortodoxo belaruso Andrej Kryt, e polo arcebispo ucraíno Orest Ivaniuk.[1][2] Pouco despois, en maio de 1983, foi elevado polo concilio da súa Igrexa ao rango de metropolita e elixido primado da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa.[1]

Durante as dúas décadas seguintes, dirixiu a actividade da Igrexa por todo o mundo, celebrando a liturxia de forma habitual na catedral de San Cirilo de Turaŭ de Nova York. Ademais, logo do concilio de unificación da Igrexa belarusa de 2003 continuou a dirixir a Igrexa unificada.[1][2] Finou no cargo, logo dunha longa doenza, o 26 de novembro de 2007, e foi enterrado no cemiterio belaruso de East Brunswick, Nova Jersey.[1][3][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Сьв. памяцi". Беларус (en belaruso) (Беларуска-Амерыканскае Задіночаньне (BAZA) - Belarusian-American Association) (539). decembro de 2007. ISSN 1054-9455. OCLC 7145060. Мітрапаліт ІЗЯСЛАЎ (22.I.1926 - 26.XI.2007) Супачыў у Богу 26 лістапада 2007 году Першагерарх Беларускай Аўткефальнай Праваслаўнай Царквы рэлігійны і грамадзкі дзеяч беларускай грамады ў ЗША і Канадзе Мітрапаліт Ізяслаў (Іван Бруцкі) [...] 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Митрополит Изяслав". Религиозная деятельность русского зарубежья: Биобиблиографический справочник (zarubezhje.narod.ru/) (en ruso). Consultado o 28/10/2020. 
  3. "Metropolitan “Brucky” Iziaslav". Find a Grave (findagrave.com). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]