Isabelle Stone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabelle Stone

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1868 Editar o valor em Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1966 Editar o valor em Wikidata (97/98 anos)
North Miami, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago
Wellesley College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseAlbert Abraham Michelson Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBryn Mawr School (en) Traducir
Universidade de Columbia
Vassar College (pt) Traducir
Sweet Briar College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Stone-16772

Isabelle Stone, nada en Chicago en 1868 e finada en 1944, foi unha física estadounidense e unha das fundadoras da American Physical Society. Foi a primeira muller en obter un doutoramento en Física nos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isabelle Stone era filla de Harriet e Leander Stone.[1] Estudou a licenciatura no Wellesley College, titulándose en 1890, e a mestría en Ciencias na Universidade de Chicago, onde se graduou en 1896.[2] Posteriormente realizou estudos de doutoramento na Universidade de Chicago, converténdose na primeira muller en obter un doutoramento en Física nos Estados Unidos en 1897.[3]

Stone investigou sobre a resistencia eléctrica e outras propiedades das películas delgadas.[4] A súa tese, On the Electrical Resistance of Thin Films, demostrou que as películas de metal moi delgadas mostraban unha resistencia máis alta que as pezas de metal máis voluminosas.[5]

Stone foi profesora en varias universidades, entre elas a Bryn Mawr School e o Vassar College e foi unha das fundadoras da American Physical Society.[4][3] Dos 836 asistentes ao Primeiro Congreso Internacional de Física en París, foi unha das dúas mulleres presentes, a outra foi Marie Curie.

A data exacta da súa morte é descoñecida.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marilyn Bailey Ogilvie (1990). Women in Science: Antiquity Through the Nineteenth Century. MIT Press. p. 186. ISBN 026265038X. 
  2. 2,0 2,1 "Stone, Isabelle" (en inglés). UCLA. Consultado o 19 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Richard Staley (2008). Einstein's Generation: The Origins of the Relativity Revolution. University of Chicago Press. p. 168. ISBN 0226770575. 
  4. 4,0 4,1 Marilyn Bailey Ogilvie, Joy Dorothy Harvey (2000). The Biographical Dictionary of Women in Science: L-Z 2. Taylor & Francis. p. 1241. ISBN 041592040X. 
  5. John M. Ziman (1969). The Physics of Metals, Volume 1. CUP Archive. p. 176. ISBN 0521071062. 

 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]