Inundacións europeas de 2002
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As inundacións europeas de 2002 aconteceron ao longo do mes de agosto do devandito ano. As enchentes, entre outros, do Elba e o Danubio mataron a ducias de persoas e causaron danos materiais por valor de miles de millóns de euros en países centroeuropeos tal que a República Checa, Austria, Alemaña, Eslovaquia, Polonia, Hungría, Romanía e Croacia.