Inter Club d'Escaldes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inter Club d'Escaldes
Alcume(s)Inter
Fundación1991 (33 anos)
EstadioCentre d'Entrenament de la FAF
Capacidade1000
PresidenteAndorra Pablo Gómez
AdestradorEspaña Alberto Lopo
LigaAndorra Primeira División de Andorra
2022-233.
Na rede
http://www.interescaldes.com/
Facebook: interescaldes Twitter: interescaldes Instagram: interescaldes Youtube: UChfPRzsG0kSMWXZWmrANaxg Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Inter Club d'Escaldes é un club de fútbol de Andorra da cidade de Escaldes-Engordany. Foi fundado en 1991 e xoga na Primeira División de Andorra.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en 1991, integrouse á Lliga Andorrana de futbol en 1995 obtivendo o sétimo posto entre doce competidores. Nos seus inicios o club tivo un forte apoio de Construccions Modernes, unha empresa ligada á construción, ata o punto que as súas iniciais CM perduraron no seu escudo até 2019.

Inter Club d'Escaldes, campión da Lliga Biosphere 2016-17

Inter foi un permanente protagonista dentro da máxima categoría, a pesar de que nunca lograse gañar a competición até 2020. O seu máximo logro foi a obtención de dous terceiros lugares: na tempada 1999-2000 e na tempada 2000-01. Nesta última edición da liga mesmo alcanzou o liderado nunha xornada: a cuarta.

A tempada 2002-03 foi especial para o club: sería a última na que conseguiu acceder ao play-off polo título conseguindo o cuarto posto. Pero ademais rexistrou a súa mellor campaña na Copa Constitució: alcanzou a súa única final no certame, na que foi derrotado por FC Lusitanos por 2-0.

No entanto, no resto das tempadas o Inter loitou por conservar a categoría: chegou a disputar tres veces a Promoción, despois de acabar na penúltima posición da fase regular e o posterior play-off pola permanencia. O seu momento máis angustiante foi na tempada 2008-09, cando logrou manterse en Primeira División despois de imporse por 10-9 na quenda de penaltis contra o Atlètic Club d'Escaldes (logo de que cada un gañase por 2-1 o seu respectivo partido como local).

Con todo, o descenso fíxose inevitable tras a tempada 2014-15, cando o club situouse na última posición logo dunha precaria campaña na que gañou un só partido, empatou outro e perdeu 18. O 19 de abril de 2015 confirmouse a caída á Segunda División despois da derrota por 2-1 ante o Futbol Club Encamp no Camp d'Esports d'Aixovall.

Unha vez na segunda categoría, o Inter tivo un cambio na xunta directiva que significou un envorco na súa xestión: ademais de modificar o seu escudo ao actual, o club potenciouse con algúns xogadores de vasta traxectoria e que posuían internacionalidades na selección de fútbol de Andorra como Xavi Andorrà, Dani Mejías e Dani Ferrón, entre outros. Incluso o técnico daquela tempada Álex Somoza tivo experiencia na absoluta como xogador.

Tras un quinto lugar na tempada 2015-16, o club conseguiu o título da Lliga Biosphere 2016-17 tras unha estreita disputa coa Penya Encarnada d'Andorra polo liderado. O 21 de maio de 2017 logrou o ascenso á Primeira División de Andorra tras derrotar ao Atlètic Club d'Escaldes por 3-0.

Logo de lograr ser campión da Primeira División de Andorra 2019-20[1] puido ter o dereito de poder participar na liga de Campións da UEFA 2020-21, desde a Rolda Preliminar. Esta participación histórica representa a primeira vez na historia do club na que participa nun torneo internacional oficial.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Cadro de xogadores[editar | editar a fonte]

Actualizado o 15 de febreiro de 2020.[2]

Posto País Xogador
1 POR Andorra Josep Antoni Gomes
2 DIA Andorra Cristian Martínez
3 DEF Andorra Josep Maria Cabanes
4 DEF Andorra Emili García
5 MED Andorra Sergio Moreno
6 DEF Andorra Ildefons Lima
7 DIA España Genís Soldevila
8 MED Andorra Albert Reyes
9 DIA Rodrigo Vergara
10 DIA Andorra Juli Sánchez
11 MED España Jordi Betriu
12 DEF Portugal Rui Beja
13 POR España Jordi Ribó
14 DIA Andorra Eric Rodríguez
15 DEF España Óscar Reyes
16 MED Andrés Bríñez
17 MED España Toni Lao
18 DIA Paraguai Eugenio Peralta Cabrera
19 DIA Portugal Bruninho
20 MED España Jordi Roca
21 MED Andorra Marc Pujol Pons
22 DEF España Ivan Vigo
23 DEF Andorra Javier Moreno
24 DEF Andorra Oriol Fité
33 DIA Portugal Ricardo Correia Oliveira

Adestradores[editar | editar a fonte]

  • Andorra Rubén Oliveira (2007)
  • Portugal Alipio Ferreira (2008)
  • Andorra Álex Somoza (2016-2018)
  • España Adolfo Baines (2018-actualidade)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Andorra Competición nacional Títulos Subcampionatos
Primeira División de Andorra (3/0) 2019-20, 2020-21, 2021-22
Copa Constitució (2/0) 2020, 2023
Segunda División de Andorra (1/0) 2016-17
Supercopa de Andorra (1/0) 2020

Tempadas[editar | editar a fonte]

Clasificación final
Tempada Posto Categoría
1995-96 Primeira
1996-97 Primeira
1997-98 Primeira
1998-99 Primeira
1999-00 Primeira
2000-01 Primeira
2001-02 Primeira
2002-03 Primeira
2003-04 Primeira
2004-05 Primeira
2005-06 Primeira
2006-07 Primeira
2007-08 Primeira
2008-09 Primeira
2009-10 Primeira
2010-11 Primeira
2011-12 Primeira
2012-13 Primeira
2013-14 Primeira
2014-15 Decrecente Primeira
2015-16 Segunda
2016-17 Crecente (crecemento) Segunda
2017-18 Primeira
2018-19 Primeira
2019-20 Primeira
2020-21 Primeira

Participación en competicións da UEFA[editar | editar a fonte]

Tempada Torneo Rolda Club Casa Visita Global
2020–21 UEFA Champions League Preliminar Kosovo Drita 1–2
UEFA Europa League 2ª Clasificatoria Dundalk 0–1 0–1
2021–22 UEFA Champions League Preliminar Illas Feroe HB 1–0
Kosovo Pristina 0–2
UEFA Europa Conference League 2ª Clasificatoria Teuta

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "L'Inter d'Escaldes guanya la seva primera Lliga Multisegur Assegurances" (en catalán). FAF. 23 de xullo de 2020. 
  2. "FAF - Visualització d'Equips". www.faf.ad. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]