Inmunidade de grupo
Imunidade de grupo ou Efecto rabaño son expresións usadas na infectoloxía que fan referencia aos beneficios da aplicación de vacinas recebidos por persoas que non as recibiron.[1] O efecto acontece de modo indirecto. Individuos que reciben vacinas con virus atenuados transfórmanse en vectores deses parasitos. Como esas vacinas son producidas a partir de partículas debilitadas, a resposta imunolóxica da persoa afectada é máis eficaz. A transmisión dos virus atenuados pode ser feita via oral ou fecal. Além diso, ao reducir o número de doentes, redúcese a posibilidade de transmisión de seus axentes causadores, beneficiando indirectamente toda unha comunidade, inclusive aqueles que non tiveran acesso á vacinación.
Canto maior é o nivel de cobertura dunha vacina nunha determinada comunidade, maior é en consecuencia a idade media do primeiro contacto co respectivo axente infeccioso. Iso favorece o control da doenza, pois o adiamento de infeccións fai que con elas aparezan máis en adultos, fase da vida en que hai maior capacidade de resposta inmunolóxica. Por outro lado, pode causar un aumento de epidemias nesa faixa etaria.
Notas [editar]
- ↑ John TJ, Samuel R (2000). Herd immunity and herd effect: new insights and definitions. 16. pp. 601–6. DOI:10.1023/A:1007626510002. PMID 11078115.