Inma Cuevas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Inmaculada Cuevas Aragón 1977 (46/47 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Familia | Family Aragón (en) |
Páxina web | inmacuevas.es |
Inmaculada Cuevas Aragón, nada en Madrid en 1977, coñecida como Inma Cuevas, é unha actriz española de teatro, televisión e cinema. É coñecida principalmente polos seus traballos en Mientras dure la guerra (2018), Toc Toc (2017), Vis a vis (2015-2018), La Señora (2008) e Mujeres (2006).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Inma Cuevas naceu en Madrid en 1977. No ano 2000 comeza os seus estudos de Arte Dramática na Escola do actor Réplika Teatro dirixida por Jaroslaw Bielski.
Comeza en televisión na serie Mujeres (TVE), dirixida por Dunia Ayaso e Félix Sabroso, onde daba vida á irmá máis nova da familia, Magda. Por este traballo recibiu o Premio da Unión de Actores como Mellor Actriz Secundaria de TV (2006). Posteriormente traballou nas series Herederos, Desaparecida, Traidores 23F, La Señora, La princesa de Éboli, La memoria del agua, Gran Hotel, Stamos Okupa2 e Galerías Velvet entre outras. En 2014 inicia a rodaxe de Vis a vis, serie na que interpreta a unha das reclusas do cárcere, Anabel. Por esta serie recibiu varios nomeamentos e premios, entre eles os Premios Ondas (2015) e dúas veces o Premio Unión de Actores como Mellor Actriz secundaria en TV (2015 e 2016).
En 2017 participa na serie La zona dirixida por Jorge Sánchez Cabezudo para Movistar. En 2018 roda a terceira tempada de Vis a vis que se estreou en abril de 2018 na canle FOX.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Inma Cuevas na IMDb (en inglés).