La Señora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Señora

Adriana Ugarte, a protagonista.
FormatoDrama
Creado porVirginia Yagüe
IntérpretesAdriana Ugarte
Rodolfo Sancho
Roberto Enríquez
Alberto Ferreiro
Lucía Jiménez
Raúl Peña
Laura Domínguez
Ana Turpin
Carmen Conesa
Ana Wagener
Berta Ojea
País de orixeEspaña España
Episodios39
Produción
Duración75 min.
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1
Primeiro episodio6 de marzo de 2008
Derradeiro episodio18 de xaneiro de 2010
Na rede
http://www.rtve.es/lasenora
IMDB: tt1188965 Filmaffinity: 149241 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

La Señora é unha serie dramática de televisión producida por Diagonal TV para Televisión Española, estreouse o 6 de marzo de 2008 e chegou ao seu fin o 18 de xaneiro de 2010. Emitiuse a razón dun episodio por semana. A serie rodouse en Asturias, Sepúlveda e Navalcarnero. En moi pouco tempo converteuse na serie estrela da noite dos luns, superando sen ningunha dificultade á todopoderosa CSI.

A segunda tempada da serie estreouse o 1 de xuño de 2009 ata o 9 de novembro de 2009 sendo líder indiscutible da noite dos luns.

A terceira tempada estreouse directamente despois do final a segunda, o 16 de novembro de 2009, con excelentes datos de audiencia e convertendo a serie, unha vez máis, na máis seguida do prime-time do luns. Co cesamento da publicidade na cadea pública a principios do 2010, a audiencia da serie non deixou de subir, superando con toda comodidade os catro millóns de telespectadores. A serie despediuse definitivamente da súa audiencia o 18 de xaneiro de 2010, superando os cinco millóns de telespectadores.

Tras o final da serie, realizouse un spin-off chamado 14 de abril. La República no que aparecen algúns personaxes da serie.

Elenco[editar | editar a fonte]

  • Adriana Ugarte, como Victoria Márquez de la Vega, marquesa de Castro.
  • Rodolfo Sancho, como Ángel González Ruiz, sacerdote.
  • Roberto Enríquez, como Gonzalo López, marqués de Castro.
  • Ana Turpin, como Irene de Castro y de la Fuente, filla do anterior marqués de Castro e primeira esposa de Gonzalo.
  • Laura Domínguez, como Catalina de Castro y de la Fuente, irmá ilexítima do marqués e criada.
  • Alberto Ferreiro, como Pablo Márquez de la Vega, irmán idealista de Victoria.
  • Lucía Jiménez, como Encarna Alcántara Prieto, rapaza humilde do pobo.
  • Carmen Conesa, como Alicia Santibáñez, dona do maior prostíbulo da comarca.
  • Ana Wagener, como Vicenta Ramírez, serventa dos Márquez.
  • Berta Ojea, como Adelina, cociñeira dos Márquez.
  • Alberto Jiménez, como Ricardo Márquez González, pai de Victoria e Pablo.
  • Raúl Prieto, como Salvador González Ruiz, irmán de Ángel.
  • Pepa López, como Amalia Ruiz, nai de Ángel.
  • Claudia Giráldez, como Conchita, contrapunto de Vicenta.
  • Pepo Oliva, como Justo Sanz, coidador dos animais dos Márquez.
  • Benito Sagredo, como Alejandro, médico.
  • Raúl Peña, como Hugo de Viana, prometido de Victoria.

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

Fotogramas de Prata 2009

Categoría Persoa Resultado
Mellor actriz de televisión Adriana Ugarte Gañadora

XVIII Edición dos Premios da Unión de Actores

Categoría Persoa Resultado
Mellor actor protagonista de televisión Roberto Enríquez Candidato
Mellor actriz secundaria de televisión Ana Wagener Candidata
Mellor actriz secundaria de televisión Berta Ojea Gañadora

XIX Edición dos Premios da Unión de Actores

Categoría Persoa Resultado
Mellor actriz protagonista de televisión Adriana Ugarte Gañadora
Mellor actor protagonista de televisión Roberto Enríquez Ganador
Mellor actriz secundaria de televisión Carmen Conesa
Ana Wagener
Gañadora
Candidata
Mellor actor secundario de televisión Víctor Clavijo
Raúl Peña
Gañador
Candidato
Mellor actriz secundaria de televisión Inma Cuevas Candidata
Mellor actor secundario de televisión Juan Meseguer
Alberto Rubio
Gañador
Candidato
Mellor actriz revelación Carolina Lapausa Candidata

Outros

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]