Injun 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Injun 3
Injun 3
TipoCientífico
OrganizaciónUSAF
Data de lanzamento13 de decembro de 1962, 4:07 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorThor[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre, os cintos de radiación, as auroras e outros fenómenos xeofísicos.[2][6]
Decaemento25 de agosto de 1968[1]
NSSDC ID1962-067B
Masa52,0 kg[5]

Injun 3 foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 13 de decembro de 1962 mediante un foguete Thor desde a Base Vandenberg da Forza Aérea xunto cos satélites Poppy 1A, Poppy 1B, Surcal 2 e Calsphere 1.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Injun 3 foi o terceiro satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF. A súa misión foi estudar a magnetosfera terrestre, os cintos de radiación, as auroras e outros fenómenos xeofísicos. Injun 3 estaba deseñado para aliñarse magneticamente co campo magnético terrestre. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías. Injun 3 funcionou ata finais de outubro de 1963, momento no que as baterías fallaron.[2][5][6]

Injun 3 foi inxectado nunha órbita inicial de 2781,9 km de apoxeo e 246,3 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 70,34 graos e un período de 116,3 minutos. Reentrou na atmosfera o 25 de agosto de 1968.[1][3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INJUN 3" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "Injun 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 18 January 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (63-01353): 2. 21 de xaneiro de 1963. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Injun 3" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Injun 3" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Injun" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]