Industrias Pesqueras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Industrias Pesqueras é unha revista editada en Vigo dende 1927, unha das máis antigas do sector a nivel mundial.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada por José Barreras Massó, comezou a publicarse o 15 de abril de 1927, baixo a dirección de Fernando de Miguel Rodríguez e, posteriormente, Valentín Paz Andrade.[1] Na sección de conservas, e despois na dirección, traballou Francisco Fernández del Riego.[2] Contou desde os primeiros números con colaboradores gráficos como Castelao ou Maside. Alfonso Paz-Andrade é o actual director.

Ten unha tirada de máis de 5.000 exemplares. No ano 2002 conmemorouse o seu 75 aniversario cunha exposición no Museo do Mar de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]