Afonso Paz-Andrade
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paz Andrade.
Afonso Paz-Andrade Rodríguez, nado en Vigo o 4 de outubro de 1940, é un empresario galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo do intelectual, político e empresario Valentín Paz Andrade, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pero os seus camiños posteriores viraron ao redor do mundo da pesca e cursou estudos posteriores relacionados coa Economía e coa tecnoloxía pesqueira en Italia, Suecia, Islandia e Inglaterra.
[editar] Relación coa industria pesqueira
En 1970 funda en Vigo a empresa Ibercisa, de maquinaria naval, da que é conselleiro delegado ata que en 1976 se incorpora a Pescanova e en xuño de 1977[1] substitúe o seu pai como conselleiro delegado desa mesma empresa. Baixo a súa dirección e xunto co principal accionista Manuel Fernández de Sousa, Pescanova converteuse nunha empresa líder da pesca mundial. Paz-Andrade participou en numerosos consellos de administración de empresas mixtas de pesca, participadas por Pescanova (joint ventures).
Participou na fundación doutras empresas, como a reconversión dos estaleiros Ascón en Rodman Poliships, o Instituto Galego de Información ou a aseguradora La Naviera, que finalmente se fusionou con Mutua Gallega, empresa da que Paz-Andrade é vicepresidente.
Impulsou a celebración en Vigo dunha feira internacional de pesca, a World Fishing Exhibition, da que presidiu as edicións de 1973, 1985, 1991, 1997, 2003 e 2009. Tamén ocupou distintos cargos institucionais, como presidente de Anasco, vogal do consorcio da Zona Franca de Vigo, conselleiro xeral de Caixa Galicia e membro do Consello Asesor para o Fomento da Innovación en Galicia. Tamén foi socio fundador do Museo do Pobo Galego e pertence ás directivas da Fundación Castelao, a Fundación Neira Vilas, a Fundación Luís Seoane e a Fundación Caixa Galicia. Tamén é o director da revista de pesca Industrias Pesqueras, fundada en 1927.
En 2007 abandonou Pescanova por diferenzas co seu presidente.[1]
Segundo o xornal El Mundo, en 2011 posuía, con 26 millóns de euros, unha das 100 meirandes fortunas da Bolsa española.[2]
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Paz-Andrade deja de ser consejero delegado de Pescanova tras 30 años", artigo de Manuel V. Sola en El País, 17 de xaneiro de 2007 (consultado o 7 de xaneiro de 2012) (en castelán).
- ↑ "TOP RICOS BOLSA 2011", artigo en El Mundo, 27 de decembro de 2011 (en castelán).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||