Illotes dos Apóstolos
| Illotes dos Apóstolos | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Francia |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | Crozet |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitados |
| Superficie | 2´011 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 45°58′S 50°27′E / 45.967°S 50.450°E |
| Maior Altura | 289 m. Mont Pierre |
| Localización | |
Os Illotes dos Apóstolos (en francés: Îlots des Apôtres) son un conxunto de illotes incluídos no arquipélago das illas Crozet, que á súa vez forma parte dos Territorios Austrais Franceses. Son un total de 19 illotes.
Índice |
Xeografía[editar]
Os illotes forman parte do grupo occidental do arquipélago, situados a 10 quilómetros ao noroeste da Illa dos Porcos, a maior do conxunto. Hai unha illa principal, chamada a grande (Grande Île), así como unha secundaria ou pequena (Petite Île), ademais dun total de 17 elevancións rochosas sobre o nivel do mar, entre as que suman 2 quilómetros cadrados.
As illas son moi escarpadas. A Illa Grande ten unha altitude de 289 metros, mentres que aIlla Pequena chega aos 246 metros. Dous dos illotes rochosos alcanzan os 110 metros.
Actividade volcánica[editar]
As illas se enclavan nunha falla, en dirección nordés-suroeste. Sobre a Illa Grande obsérvanse as brechas nos bloques e os restos das columnas de lava, probablemente basáltica. Estímase que a actividade volcánica tivo lugar fai entre 2´6 e 5´5 millóns de anos, no medio Plioceno.
Illas[editar]
Illas e rocas do conxunto (19 en total), de norte a sur e segundo os seus nomes orixinais franceses:
| # | Illa ou Roca | Área (ha) |
|---|---|---|
| 1 | Rocher Nord | 6,0 |
| 2 | L’Enclume | 1,5 |
| 3 | Grande Île | 150,0 |
| 4 | Le Clown | 0,4 |
| 5 | La Sentinelle perdue | 0,2 |
| 6 | Les Jumeaux | 0,5 |
| 7 | Rocher Fendu | 3,0 |
| 8 | Petite Île | 30,0 |
| 9 | Les Sentinelles du Diable | 1,0 |
| 10 | La Grande Aiguille | 1,0 |
| 11 | La Petite Aiguille | 0,2 |
| 12 | Le Hangar | 1,5 |
| 13 | Le Donjon | 2,5 |
| 14 | (Roca sen nome) | < 0,1 |
| 15 | Rocher Sud | 1,5 |
| 16 | Le Torpilleur | 0,1 |
| 17 | Le Caillou | 0,4 |
| 18 | L'Obélisque | 0,3 |
| 19 | Rocher Percé) | 1,0 |
| Illotes do Apóstolos (Îlots des Apôtres) | 201´1 |
Historia[editar]
Os Illotes dos Apóstolos son tristemente soados polo nafraugio do Strathmore, a noite do 2 de xullo de 1875, que efectuaba a súa viaxe inaugural entre Reino Unido e Nova Zelandia. Morreron 44 das 89 persoas que ían a bordo. As que sobreviviron tiveron que facer fronte a 205 días de privacións, fame, sede e ata promiscuidade. O 21 de xuño de 1876 os 38 sobreviventes foron rescatados polo navío Young Phoenix.
O historiador neozelandés Ian Church narrou a aventura en 1985, no seu libro Survival on the Crozet Island.