Illas de Silleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°07′02″N 8°54′13″O / 42.117222871374, -8.903535767906

As Negras, a carón do faro vello.
A costa rochosa de Silleiro.

As illas de Silleiro son un conxunto de illas e illotes que se atopan a carón de Cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona.

O arquipélago está formado[1] pola illa Carral, illa Aguieira, illas Negras, illas Polbeiras e os illotes da Gaiada, A Negriña, A Atravesada, As Parexas, A do Rego e A dos Choscos.

As illas foron empregadas durante moito tempo para o marisqueo, sendo estas un lugar de grande importancia para os baredanos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Talasonimia da costa sur de Galicia (PDF). Instituto de Estudos Miñoranos. ISBN 9788492590278. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2019. Consultado o 13 de setembro de 2016.