Illiña de Forvik
| Forvik | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| [[Ficheiro:|330px| ]] | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Reino Unido |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | Shetland |
| Linguas | Ingles |
| Poboación (2008) | 1 hab. |
| Superficie | 0´01 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 60°19′07″N 01°39′49″W / 60.31861°N 1.66361°W |
| Maior Altura | 10 m. |
| Localización | |
A illiña de Forvik (en inglés Forewick Holm ou Forvik Island, ou mesmo Fårvik), é unha pequena illiña das Shetland, ao norte de Escocia, que en xuño de 2008 declarou a súa independencia do Reino Unido.
Índice |
Localización[editar]
A illiña de Forvik está situada ao suroeste do arquipélago das Shetland, a uns 200 metros ao sur da illa de Papa, e a uns 1'5 km ao norte da península de Sandness, na parte central da illa Shetland, no que se coñece como estreito de Papa.
Xeografía[editar]
A illiña mide aproximadamente unha hectárea. Ten unha forma bastante regular, cunha costa sur e oeste de perigosos baixíos e unha costa redondeada nororiental de cantís. O acceso por mar non é sinxelo e só é posíbel na preamar.
Historia[editar]
Non existen apenas informacións sobre o poboamento da illiña. Na actualidade é propiedade do seu único habitante, Stuart Hill, chamado Captain Calamity, que está a edificar o primeiro poboamento. En xuño de 2008 proclamou[1] que a illiña de Forvik pasaba a ser unha dependencia da Coroa británica, isto é, fóra da tutela do goberno de Londres, pero beneficiándose do status común das dependencias británicas, como as illas Guernsey e Xersei, por exemplo, con múltiples vantaxes fiscais e de autogoberno. Unha fonte non identificada do ministerio de Xustiza británico negoulle viabilidade xurídica á independencia[2].
Notas[editar]
- ↑ Captain Calamity to create new state in Shetland islands, The Telegraph, 19/06/2008
- ↑ “Captain Calamity’ goes it alone again, this time safe on dry land, The Shetland Times, 20/06/08
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Artigo sobre a illiña de Forvik na Shetlopedia, unha wikipedia das illas Shetland.
- Forvik Declaración de Independencia de Stuart Hill