Illa Patricio Lynch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Patricio Lynch
Illa Patricio Lynch en Chile
Illa Patricio Lynch
Illa Patricio Lynch
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
País Chile
RexiónRexión de Aisén
ProvinciaProvincia de Última Esperanza
ArquipélagoArquipélago Campana
MarOcéano Pacífico
Coordenadas48°37′00″S 75°26′00″O / -48.61667, -75.43333Coordenadas: 48°37′00″S 75°26′00″O / -48.61667, -75.43333
Xeografía
Superficie560´8 km²
Longura máxima29 km.
Perímetro255´1 km.
Punto máis alto853 m. pico Breaker
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa Patricio Lynch está situada no océano Pacífico na rexión austral de Chile, ao sur do golfo de Penas. Forma parte do arquipélago Campana. Ten unha superficie de 560´8 km², que a converten na 24ª illa maior de Chile.

Administrativamente pertence á provincia Capitán Prat da Rexión de Aisén.

Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido pola acción do home branco.[Cómpre referencia]

Historia[editar | editar a fonte]

Desde 1520, co descubrimento do estreito de Magallanes, poucas rexións foron tan exploradas como a das canles patagónicas. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha grande illa denominada "Campana" separada do continente pola "canle da nación Calén", nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.

Desde mediados do século XX esas canles son percorridas con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas.

Por máis de 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipótese sobre a súa chegada aos lugares de poboamento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta das canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magallanes e subiron polas canles patagónicas ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente aniquilado pola acción do home branco.

Aspecto das costas[editar | editar a fonte]

Son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre eles. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta.

As costas son cantíls e as súas canles, en xeral son limpas e abertas, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos. Polos seus lados norte e leste está rodeada pola canle Octubre e polo lado sur, unha estreita canle a separa da illa Cabrales. O seu lado oeste dá sobre o océano Pacífico e é moi sucio ata 11 km. de terra.

Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou bhías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. O seu lado occidental está percorrido por un cordón de cerros, tales como: pico Breaker de 846 metros de altura; os montes Maipo e Lafrenz; o monte Pardo de 600 metros e en extremo sur os picos Paralelos de 630 metros.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Todo o arquipélago patagónico data da época terciaria; é produto da mesma causa xeolóxica que fixo aparecer primeiro a cordillera da Costa e logo a dos Ándes. Na idade glacial, tomou o seu aspecto actual sendo a continuación cara ao sur da cordilleira da Costa.

É de orixe ígneo pola clase de rocha que o constitúe e polo seu relevo áspero e irregular, característico das cadeas de erupción.

Clima[editar | editar a fonte]

A rexión é afectada continuamente por ventos do oeste e polo paso frecuente de sistemas frontais. Estes sistemas frontais xéranse na latitude 60° S, zona na que conflúen masas de aire subtropical e masas de aire polar creando un cinto de baixas presións que forma os sistemas frontais.

Esta área ten un clima que se coñece como "tepedo frío chuvioso" que se estende desde a parte sur da Rexión de Los Lagos ata o estreito de Magallanes. Aquí rexístranse as máximas cantidades de precipitacións, na illa Guarello alcanzáronse ata 9.000 mm anuais.

A nubosidade atmosférica é alta, os días despexados son escasos. A amplitude térmica é reducida, a oscilación anual é de aproximadamente 4 °C cunha temperatura media de 9 °C. Chove durante todo o ano sendo máis chuvioso cara ao outono.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É unha illa de forma irregular, localizada fronte ao océano Pacífico que está atravesada por un par de entrantes moi profundos. A súa orientación é N-S, o seu maior longo neste sentido é de 29 km e o seu largo medio de 22´5 km.. A illa ten os seguintes límites:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]