IRAS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IRAS / Infrared Astronomical Satellite
IRAS overview.jpg
IRAS co resumen das súas exploracións en distintas lonxitudes de onda.
Tipo Científico
Organización NASA / Países Baixos / Reino Unido
Destino actual Fora de servizo.[1]
Data de lanzamento 26 de xaneiro de 1983, 2:17 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Delta 3910[2][5]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misión Observación astronómica no infravermello.[2][6]
NSSDC ID 1983-004A
Masa 1075,9 kg[5]
Semieixo maior 7271 km[1]
Inclinación 99,0 graos[1]
Apoapse 912,2 km[1]
Periapse 888,2 km[1]

IRAS (acrónimo de Infrared Astronomical Satellite) foi un observatorio espacial conxunto entre a NASA, os Países Baixos e o Reino Unido, lanzado o 26 de xaneiro de 1983 mediante un foguete Delta 3910 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

IRAS foi lanzado para facer un estudo completo do ceo no rango de lonxitudes de onda do infravermello entre os 8 e os 120 micrómetros. As observación de IRAS aumentaron nun 70% o catálogo de obxectos infravermellos coñecidos no ceo, chegando a detectar 350.000 fontes infravermellas.[6][5][2][1]

IRAS levaba a bordo un telescopio de tipo Ritchey-Chretien refrixerado por helio a unha temperatura de 10 K e que contiña 62 detectores que en conxunto podían observar en bandas centradas en 12, 25, 60 e 100 micrómetros e cunha precisión na localización dos obxectos observados de 0,5 minutos de arco. Tamén levaba un espectrómetro de baixa resolución e un fotómetro para as lonxitudes de onda de 60 e 100 micrómetros.[5][2]

IRAS deixou de funcionar o 21 de novembro de 1983.[5][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. «IRAS» (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (27 de marzo de 2013). «IRAS» (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 
  3. «Note verbale dated 25 April 1983 from the Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General» (PDF) (83-11557). 10 de maio de 1983. p. 2. Consultado o 30 de abril de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). «IRAS» (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. «IRAS» (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). «IRAS» (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: IRAS

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]