IC 2944

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IC 2944
The Very Large Telescope Snaps a Stellar Nursery and Celebrates Fifteen Years of Operations.jpg
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Cúmulo aberto con nebulosidade
Ascensión recta 11h 36m 36.0s
Declinación -63° 02′ 00″
Distancia 2,0 parsec[1]
Magnitude aparente 4,5
Dimensións aparentes 75′
Constelación de Centaurus
Características físicas
Radio  ?
Magnitude absoluta  ?
Outras designacións Nebulosa de Lambda Cen, Caldwell 100.

IC 2944, tamén coñecida coma Nebulosa de Lambda Cen, é un cúmulo aberto cunha nebulosa de emisión asociada que se atopa na constelación de Centaurus, preto da estrela Lambda Centauri. Posúe glóbulos de Bok, que normalmente son lugares asociados á formación estelar. Con todo, non se atopou ningunha evidencia de formación estelar en calquera dos glóbulos de IC 2944.[2]

Imaxe tomada co instrumento Wide Field Imager que está montado no telescopio de 2,2 metros da MPG/ESO.[3]

O Very Large Telescope do ESO tomou a imaxe da caixa de información, que é unha vista en primeiro plano dun conxunto de glóbulos de Bok descubertos dentro de IC 2944 polo astrónomo surafricano A. David Thackeray no ano 1950.[4] Agora estes glóbulos son coñecidos coma os Glóbulos de Thackeray.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Thackeray, A. D.; Wesselink, A. J.: "A photometric and spectroscopic study of the cluster IC 2944", MNRAS 131,121, 1965 Abstract
  2. Astron. Astrophys. 327, 1185, 1997. [1]
  3. "An Angry Bird in the Sky". ESO Photo Release. 21-09-2011. http://www.eso.org/public/news/eso1135/. Consultado o 22-09-2011.
  4. Thackeray A.D.: "Some southern stars involved in nebulosity", MNRAS 110,529, 1950. Abstract

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]