Iñigo Landaluze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iñigo Landaluze

Información persoal
Nacemento Iñigo Landaluze Intxaurraga
9 de maio de 1977 (46 anos)
Getxo, Euskadi
Nacionalidade País Vasco País Vasco
Equipo
Último equipo Euskaltel-Euskadi
Equipo(s) como afeccionado
Café-Baqué
Equipo(s) Pro
2001- Euskaltel-Euskadi
Principais vitorias

Iñigo Landaluze Intxaurraga, nado Getxo (Biscaia) o 9 de maio de 1977, é un exciclista vasco .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente da canteira do Punta-Galea, que forneceu moitos dos ciclistas vascos de primeira fila, militou como afeccionado no Café-Baqué e deu o paso a profesional en 2001 co Euskaltel-Euskadi. No 2005, pouco despois de vencer na Dauphiné Libéré, o seu título máis importante, foi acusado de dopaxe, razón pola que estivo sen competir durante case un ano. Ao final do ano 2006 foi declarado inocente logo de detectarse un erro no método de análise do laboratorio, co que regresou á bicicleta en 2007.