Hórreo tipo San Pedro de Visma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hórreo en Pastoriza, Arteixo.

O hórreo tipo San Pedro de Visma é un tipo de hórreo galego que se presenta no norte da provincia da Coruña, ao longo dunha reducida área que abrangue parte dos concellos da Coruña, Arteixo, Carballo e A Laracha. Ten especial presenza na parroquia coruñesa de Visma, pero aínda así non chega a ser exclusivo nela e convive co hórreo mariñán.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Hórreo en Pastoriza, Arteixo.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

É ancho e baixo, de planta rectangular. A cámara vai sostida sobre un celeiro de igual tamaño. A cámara é totalmente de pedra, de paredes formadas por fieiras horizontais de perpiaños, normalmente en número de cinco. A primeira e a última fieiras adoitan ter máis altura que as restantes. Nalgún caso os costais divídense en tramos por peóns de pedra verticais.

As fendas de ventilación son horizontais, pero ás veces se deixan sen tomar as xuntas verticais. Hainas de dous tipos:

  • Aquelas que resultan de separar os perpiaños dunha fieira dos da outra interpoñendo entre eles forras de pedra.
  • As que se escavan na parte media da parte superior de cada perpiaño, deixando as partes extremas planas para pousar sobre elas os perpiaños da seguinte fieira.

O acceso é exterior, a través dunha porta situada no penal, sobre a correspondente de acceso ao celeiro. Non adoita haber escaleira de fábrica, e cando a hai é de pouca altura e mantense separada do hórreo.

O tellado é a dúas augas con beiril pouco prominente. Os penais forman pinches que recollen os faldróns da cuberta baixo sobrepenas grosas. Non sempre hai elementos terminais, pero cando os hai adoitan ser cruces e pirámides.

Construción[editar | editar a fonte]

A pedra empregada é o granito, única rocha que se atopa no subsolo na zona. Os tornarratos son unha cornixa de pedra ben voada que normalmente é prolongación do chan da cámara, igualmente de pedra. As paredes de fábrica non van recebadas nin pintadas.

A cuberta é de tella cerámica a dúas augas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]