Hypnerotomachia Poliphili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polífilo axeónllase perante a Raíña Eleuterylida.

Soño de Polífilo, ou Hypnerotomachia Poliliphili é unha obra de Francesco Colonna publicada en 1499 que presenta unha misteriosa alegoría arcana na que Poliphilo persegue unha fantasía erótica nunha paisaxe irreal e remata reconciliado co seu amor na Fonte de Venus.

A edición orixinal apareceu en Venecia na imprenta de Aldo Manuzio con importantes xilografías, obra do Mestre do Soño de Polífilo. Constitúe unha verdadeira obra mestra da arte do libro, e obtivo un grande éxito no século XVI e no século XVII, sendo traducido rapidamente a diversas linguas.

Contido[editar | editar a fonte]

O libro conta a historia do mozo Poliphilo que, dentro dun soño, procura a súa amada, a ninfa Polia. Para alcanzar o seu destino, precisa pasar por misteriosos bosques, cidades e labirintos, presenciando todo tipo de escenas bizarras e encontrándose con deuses, ninfas e outros seres mitolóxicos.

Alén da calidade gráfica do libro, é tan célebre polo feito de ser unha das obras máis incomprensíbeis de todos os tempos. Escrito en varias linguas ademais do italiano (latín, grego, hebreo, árabe e xeróglifos exipcios) ao mesmo tempo, a narrativa mestura pesadelos, aventuras, pasaxes eróticas, todo aderezado con comentarios sobre literatura, arquitectura, música, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Colonna, Francesco: Sueño de Polífilo, edición e tradución do italiano de Pilar Pedraza; El Acantilado: Barcelona, 1999. ISBN 8495359057
  • Cruz, Esteban Alejandro (2006), Re-discovering Antiquity Through the Dreams of Poliphilus, Trafford Publishing, Oxford. ISBN 1-4120-5324-2. (en inglés)
  • Fierz-David, Linda (1947), Der Liebestraum des Poliphilo. Ein Beitrag zur Psychologie der Renaissance und der Moderne, Rhein-Verlag, Zürich.
  • Kretzulesco-Quaranta, Emanuela (1996 (2ª edición 2005)), Los jardines del sueño. Polifilo y la mística del Renacimiento. Ediciones Siruela: Madrid. ISBN 8478449094.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]