Hulk Hogan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hulk Hogan

Terrence "Terry" Gene Bollea, alcumado Hulk Hogan, nado o 11 de agosto de 1953 en Augusta, Estados Unidos, é un actor e loitador profesional retirado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como loitador, Hogan foi 12 veces campión mundial, 6 veces Campión da WWE, 6 veces Campión da WCW, e tamén unha vez Campión por parellas. Non obstante, Hulk Hogan trascendeu o campo meramento deportivo, e deu en se converter nun fenómeno mediático nos Estados Unidos, exportado nalgúns casos a países europeos. Deste xeito, Hogan tamén fixo carreira na música, sacando á venda tres discos chamados, Hulk Rules, As Hulk Hogan e The Wrestling Boot Band. Así mesmo, Hulk Hogan prestou a súa imaxe para o protagonista de diversos videoxogos da WWE, entre os que están "Legends of Wrestling", "SmackDown vs Raw 2006-2007", "WCW Nitro" , "Super Wrestlemania for SNES", e "Day of reckoning volumes 1 e 2" para Gamecube.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
1982 Rocky III Thunderlips
1983 Bimini Code Rick, Blond Henchman (sen acreditar)
1984 Goldie and the Bears Mac McKenna
1989 No Holds Barred Rip
1990 Gremlins 2: The New Batch El mesmo
1991 Suburban Commando Shep Ramsey
1992 Mr. Nanny Sean Armstrong
1993 Thunder in Paradise Randolph J. Hurricane Spencer
1994 Thunder in Paradise II
1995 Thunder in Paradise III
1996 The Secret Agent Club Ray Chase
Spy Hard Steele's other Tag-Team Member (cameo)
Santa with Muscles Blake
1997 The Ultimate Weapon Cutter
Assault on Devil's Island Mike McBride
1998 McCinsey's Island Joe McGrai
3 Ninjas: High Noon at Mega Mountain Dave Dragon
1999 Assault on Death Mountain Mike McBride
Muppets from Space El mesmo
2001 Walker, Texas Ranger Boomer Knight TV episodio: "Division Street"
2009 Little Hercules Zeus
2011 Gnomeo & Juliet Terrafirminator V.O. Voz
Black River Marcus Demchak
China, IL The Dean
Ano Videoxogo Papel Notas
2011 Saints Row: The Third (videoxogo) Angel