Universidade do Sur de Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade do Sur de Florida
University of South Florida
Usfseal.JPG
Escudo da Universidade
Datos xerais
Localización Tampa, Florida, Estados Unidos de América Estados Unidos
Datos actuais
Reitor John B. Ramil
Alumnos 47.646[1]
Datos de contacto
Páxina web www.usf.edu

A Universidade do Sur de Florida, tamén coñecida como USF, é unha universidade pública localizada en Tampa, Florida. Fundada en 1956, forma parte do Sistema Universitario Estatal de Florida, sendo a cuarta universidade pública dese estado, con 47.646 estudantes matriculados no ano académico 2012–2013.[1][2] A USF conta con tres institucións independentes: USF Tampa, USF San Petersburgo e USF Sarasota-Manatee.[3] Cada institución está acreditada separadamente pola comisión universitaria da Asociación do sur de escolas e universidades.[3] A universidade conta con 14 facultades, que ofrecen preto de 80 estudos de grado e máis de 130 de posgrado.[4]

A USF aparece clasificada pola Carnegie Foundation for the Advancement of Teaching no nivel superior de universidades en canto á investigación, e é unha das catro únicas universidades en Florida que obtén esta clasificación.[5] Na clasificación do ano 2011, a Intellectual Property Owners Association clasificou á USF na décima posición a nivel mundial en canto ao número de patentes rexistradas.[5] A universidade conta cun presuposto anual de 1.500 millóns de dólares e ten un impacto económico de 3.700 millóns de dólares.[6] Segundo unha clasificación realizada pola National Science Foundation, a USF atópase entre as 50 universidades dos Estados Unidos que adican un gasto maior á investigación, sendo só superada en Florida pola Universidade de Florida.[7]

A USF aparece no top 100 das mellores universidades públicas do ano 2012 segundo U.S. News & World Report.[5] Nese mesmo ano, foi considerada como a oitava universidade con maior progresión por esa mesma revista.[5] A universidade foi nomeada líder na educación en liña pola Guía de Universidades en liña.[5][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "USF System Facts 2012/13". usf.edu. University of South Florida. http://www.usf.edu/pdfs/usf-facts-2012-13.pdf. Consultado o 18 de xuño de 2013.
  2. "Largest Colleges in FL". collegestats.org. CollegeStats. http://collegestats.org/colleges/florida/largest. Consultado o 20 de xuño 2013.
  3. 3,0 3,1 "About USF Overview". usf.edu. University of South Florida. http://www.usf.edu/about-usf/index.aspx. Consultado o 18 de xuño 2013.
  4. "Academics Overview". usf.edu. University of South Florida. http://www.usf.edu/academics/index.aspx. Consultado o 20 de xuño 2013.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Points of Pride". usf.edu. University of South Florida. http://www.usf.edu/about-usf/points-of-pride.aspx. Consultado o 18 de xuño de 2013.
  6. "USF Facts and Statistics". usf.edu. University of South Florida. http://www.usf.edu/about-usf/facts-statistics.aspx. Consultado o 18 de xuño de 2013.
  7. http://www.tampabay.com/news/education/college/article1224720.ece

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]