Hil Kabashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHil Kabashi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1941 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Prizren Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
3 de decembro de 1996 –
Diocese: Turres in Byzacena (en) Traducir
Administrador apostólico
3 de decembro de 1996 – 15 de xuño de 2017
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlbania Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa Greco-católica Albanesa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1997–), sacerdote católico (1969–) Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana e Orde dos Freires Menores Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor em Wikidata

Hil Kabashi, nado o 19 de febreiro de 1941 en Prizren, Reino de Iugoslavia (hoxe Kosovo), é un relixioso franciscano e bispo católico, que dende 1996 exerce o cargo de Administrador apostólico de Albania Meridional, e que por tanto é cabeza da Igrexa Católica Bizantina Albanesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 18 de maio de 1969 Kabashi foi ordenado sacerdote na Orde dos Freires Menores (franciscanos). Exerceu o seu ministerio pastoral como capelán nos concellos bosníacos de Bugojno e Bihać entre 1971 e 1976, e entre 1976 e 1979 en Gjakova, Kosovo.

Antes de ser destinado a Albania, Kabashi residiu en Stuttgart entre 1984 e 1997, onde dedicouse á atención pastoral dos emigrantes albaneses na Misión Católica Albanesa. Neses anos traduciu un gran número de himnos relixiosos ao albanés, que foron incluídos no libro de himnos publicados por el mesmo para a administración apostólica erixida no sur de Albania. Seguiu a manter vencellos con Alemaña, ao acompañar a mozos albaneses católicos en actividades pastorais.

Como bispo para Albania Meridional residiu inicialmente en Fier, onde construíu unha igrexa en 1999 que serviu para acoller de xeito temporal a albaneses de Kosovo. Dende 2008 a Administración apostólica ten a súa sé en Vlora.

Dentro da Conferencia dos Bispos Albaneses Kabashi é responsable de asuntos litúrxicos e en outubro de 2005 participou no Sínodo dos Bispos celebrado en Roma.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ivan Dias
 

Administrador apostólico de Albania Meridional
 
1996 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)