Herminio González Cobelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Ponteareas, España |
Morte | 31 de outubro de 1936 (40/41 anos) Xinzo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | industrial , político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Herminio González Cobelo,[1] nado en Ponteareas cara 1895 e finado en Xinzo o 31 de outubro de 1936, foi un industrial e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Industrial. Militante do PSOE, foi nomeado conceleiro de Ponteareas en 1924, durante a ditadura de Primo de Rivera.[2] Dende 1928 rexentou o comercio Casa Agraria.[3] Na República foi elixiso concelleiro de Pontearease en 1931. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, e foi liberado a principios de 1935.[4] Coa vitoria do Frente Popular foi restituido como concelleiro e foi nomeado primeiro síndico.[5] Foi o último presidente da Casa do Pobo de Ponteareas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse nunha propiedade da familia na parroquia de Cristiñade, pero ao decatarse de que as patrullas paramilitares resultaban perigosas fuxiu ao monte. Os falanxistas torturaron o seu irmán e encarceraron a súa muller para tratar de capturalo. Pasou a Portugal, pero foi capturado e entregado ás patrullas falanxistas de Ponteareas, que o torturaron en Tui e despois o asasinaron. O seu cadáver apareceu no Pinal do Foxo na parroquia de Xinzo. Fóronlle incautados os bens á súa familia e incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[6]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Concepción Trigo Méndez en abril de 1922.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rodriguez Gallardo, Ángel (2006). O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939. Sada: Do Castro.
- Rodriguez Gallardo, Ángel (2007). Memoria e silencio na Galicia contemporánea. Alén Miño.