Henrique VI de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique VI de Inglaterra

Henrique VI de Inglaterra, nado no Castelo de Windsor en Berkshire o 6 de decembro de 1421 e finado na Torre de Londres o 21 de maio de 1471, foi Rei de Inglaterra entre 1422 a 1461 (aínda que coma rexente até 1437). Era o único fillo de Henrique V e de Catarina de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao morrer o seu pai o 31 de agosto de 1422, toma o trono con só oito meses de idade, polo que un consello privado, encabezado polos seus tíos, pero dependente do Parlamento, gobernou o país até a súa maioría de idade no 1442.

Foi rei do trono de Francia dende 1422, consonte ao estipulado no Tratado de Troyes, pero despois da intervención de Xoana de Arco, Inglaterra perdeu todas as posesións francesas, excepto Calais.

A súa impopularidade aumentou despois de casar o 23 de abril de 1445 con Margarida de Anjou, filla de Renato o Bo, duque de Anjou e de Lorena, a cal exerceu un desafortunado influxo no ánimo do seu home. Deste matrimonio naceu un único fillo:

Durante os anos que precederon a maioría de idade de Henrique VI, as grandes familias enfrontáronse entre si para conquistaren o poder, e en 1455 estalaron as chamadas guerras das Dúas Rosas, xustificándose nos ataques de tolemia que padecía o rei dende 1453 (posible herdanza do seu avó materno, o rei Carlos VI de Francia) e aos intentos da raíña Margarida de exercer a rexencia, que consideraban como unha intrusa no ámbito inglés.

Perseguido no noroeste do país, onde se refuxiara, Henrique VI foi destronado no 1461. Restaurado por Warwick e a raíña Margarida no 1470, foi vencido pouco despois e encarcerado na Torre de Londres, onde foi asasinado en maio de 1471, á vez que o seu fillo era aforcado polos partidarios dos York no campo de Tewkesbury, co cal se extinguía a dinastía dos Lancaster, gobernante en Inglaterra dende 1399.


Predecesor:
Henrique V de Inglaterra
Flag of England.svg
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda

1422 - 1461 e 1470 - 1471
Sucesor:
Eduardo IV de Inglaterra

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henrique VI de Inglaterra