Hendrik de Iongh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hendrik de Iongh, nado en Dordrecht o 4 de agosto de 1877 e finado na Haia o 9 de agosto de 1962, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Oficial de carreira que chegou ao rango de xeneral-maior, participou nos Xogos Olímpicos de 1912 no equipo neerlandés de sabre, logrando a medalla de bronce.