Hemocitoblasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linaxe das células sanguíneas.

O hemocitoblasto ou célula nai hematopoética (en inglés, Hematopoietic stem cells) é a célula nai multipontente, precursora das células do sangue, tanto as de orixe hematopoética, é dicir, da medula ósea, coma de orixe linfoide. Da medula ósea hematopoética proveñen os eritrocitos, os macrófagos e monocitos, eosinófilos, basófilos e neutrófilos, plaquetas, células dendríticas.