Helena Veiguela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHelena Veiguela
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
A Veiga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Helena Veiguela, nada na Veiga en 1946, é unha política nacionalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no concello asturiano da Veiga en 1946, aínda que residente hoxe en Ares. Estudou Ciencias Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1969. En 1976 empeza a colaborar co nacionalismo e en 1977 é elixida responsable nacional da Unión Traballadores de Ensino de Galiza (UTEG) (hoxe CIG-Ensino).

En 1983 especialízase en Estatística e Investigación Operativa na Universidade Complutense de Madrid e nese mesmo ano, pertencendo ao Corpo de Catedráticos de Bacharelato, comeza a traballar no Ministerio de Educación e Ciencia para dirixir proxectos de introdución de novas tecnoloxías no ensino primario e secundario. Desde este momento até 1996 participa en multitude de programas, seminarios e conferencias tanto da Comisión da Unión Europea como da OCDE. Igualmente, desde marzo de 1987 até 1996 foi a representante de España no Programa de Acción Europeo "Novas Tecnoloxías da Información en Sistemas Escolares"”. Entre agosto de 2005 e até o 6 de maio de 2009 foi a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.