Heinrich Sutermeister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heinrich Sutermeister, nado en Feuerthalen o 12 de agosto de 1910 e finado en Morges o 16 de marzo de 1995, foi un compositor suízo de ópera do século XX.

Índice

Traxectoria [editar]

Heinrich Sutermeister foi alumno de Hans Pfitzner e de Carl Orff e exerceu como profesor no Conservatorio de Hannóver (1963-75). A súa obra, de estilo neoclásico, abarca obras sinfónicas, relixiosas e para a escena (Romeo e Xulieta, 1940; A illa encantada, 1942; Madame Bovary, 1962).[1]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]